InicioSociedadeOs casos activos de coronavirus non aumentan na área lucense

Os casos activos de coronavirus non aumentan na área lucense

Hai once persoas hospitalizadas, distribuídas de novo nos tres hospitais públicos da provincia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O último balance de datos do Sergas indica que na área sanitaria de Lugo hai 173 casos activos de coronavirus, tres menos ca na xornada anterior. Nas últimas 24 horas confirmáronse 10 novos positivos. 

O  número de hospitalizacións non varía (11), aínda que si que o fai a distribución por centros sanitarios. Agora os tres hospitais públicos volven atender algún paciente de Covid en planta: 5 no Hula, 2 na Mariña e 1 en Monforte. Ademais, hai outros tres pacientes ingresados na Uci do Hospital Universitario Lucus Augusti.

Dende o inicio da pandemia faleceron en Lugo 212 persoas diagnosticadas co virus, curáronse 11.839 e realizáronse 215.104 probas PCR.

GALICIA

No ámbito autonómico mantense a tendencia ascendente nos casos activos de Covid-19 por oitava xornada consecutiva, e os novos contaxios dispáranse a 229. Pola súa banda, os pacientes con este coronavirus hospitalizados aumentaron en 13, ata os 195. Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSOE defende un “proxecto da xente” fronte a unha dereita centrada en “desmantelar” servizos públicos

Os candidatos do PSdeG-PSOE ao Congreso e ao Senado pola provincia de Lugo, Patricia...

Condenan a nove anos por maltratar e agredir sexualmente á filla menor da súa parella

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a nove anos e un...

Benigno Gómez (PSOE), o alcalde que deixa Cervantes para gozar da xubilación tras cinco maiorías absolutas

O socialista Benigno Gómez, nacido en 1953, presentou este luns a súa renuncia como...

Begonte chora a Jesús Domínguez Guizán, o cura que puxo no mapa o seu belén

O Concello de Begonte (Lugo) declarou dous días de loito pola morte o pasado...