O Concello de Begonte (Lugo) declarou dous días de loito pola morte o pasado domingo, aos 93 anos, do cura Jesús Domínguez Guizán, quen foi un dos promotores do famoso belén do municipio, fundado polo seu irmán, José Domínguez Guizán.
Nun comunicado, o Concello de Begonte sinala o “fondo pesar” entre os veciños pola morte deste fillo predilecto do municipio. Así, decreta dous días de loito polo cura párroco de Begonte ata o mediodía do día 11 de novembro, mércores.
Por tal motivo, quedan suspendidos todos os actos oficiais organizados pola Corporación e haberá bandeiras a media hasta, con crespón negros, nos edificios municipais. Este martes, 10 de novembro, celebrarase un minuto de silencio en memoria do falecido ás 12,00 horas ante o Concello.
