InicioSociedadeO Sergas ve "estable" a situación sanitaria de Lugo a pesar das...

O Sergas ve “estable” a situación sanitaria de Lugo a pesar das leves repuntas de casos activos

A área lucense rexistra 169 positivos activos, con 10 contaxios detectados na última xornada.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo rexistra este mércores 14 de abril o mesmo número de casos activos ca na xornada de onte: son 169 pacientes. Nas últimas 24 horas diagnosticáronse 12 casos positivos.

En canto á situación nos hospitais, hai un ingreso máis, aínda que se rebaixa a presión nas Uci. Así, as hospitalizacións ascenden a dez: sete en planta e tres na Uci. O Hospital Universitario Lucus Augusti deixa de ser o único centro con ingresos por Covid, ao rexistrarse un doente no Hospital da Mariña.

O xerente da área sanitaria de Lugo-A Mariña-Monforte, Ramón Ares, destacou a “estabilización” do virus na provincia, a pesar de que nos últimos días se aprecia unha lixeira repunta no total de pacientes con infección activa. Considera que non é síntoma de preocupación, aínda que alenta a seguir extremando a cautela para manter unha das incidencias máis baixas de Galicia.

Dende o inicio da pandemia faleceron 212 persoas na provincia, curáronse 11.814 e realizáronse 212.916 probas PCR.

+ posts

ÚLTIMAS

O profesor acusado de presunto abuso sexual no colexio Albeiros di que todo é unha “confabulación”

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a primeira xornada do xuízo que...

O PP de Lugo solicita unha prórroga para presentar alegacións ao Plan de Mobilidade

O Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo solicitou ao goberno local,...

A Semana Santa de Lugo sairá á rúa con 12 procesións e o apoio da Deputación

O deputado de Promoción Económica e Social da Deputación de Lugo, Pablo Rivera Capón,...

Declaración de Praia, reforzo entre mandatarias locais de Galicia, Cabo Verde e Mozambique

O II Encontro Internacional de Mulleres Electas ‘As Elixidas’, celebrado na cidade de Praia,...