InicioSociedadeA provincia de Lugo experimenta unha repunta de casos activos

A provincia de Lugo experimenta unha repunta de casos activos

Nove persoas permanecen ingresadas no Hula (+1).

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo rexistra este martes 13 de abril un aumento significativo de casos activos de coronavirus en relación ás xornadas anteriores. O Sergas conta 169 pacientes de Covid-19, o que son 12 máis ca onte. Durante as últimas 24 horas, confirmáronse 10 positivos novos na provincia.

Tamén soben as hospitalizacións, cun doente máis ingresado no Hula. Así, pasa a haber un total de 9 persoas que precisan atención hospitalaria: 5 están en planta e outras 4 permanecen na Uci.

Ata o momento, faleceron 212 persoas diagnosticadas de Covid-19 na provincia, curáronse 11.803 e realizáronse 212.010 probas PCR.

GALICIA

No conxunto da comunidade galega, repuntaron os contaxios detectados no último día a pesar de que se efectuaron unhas 2.000 probas PCR menos. Tamén os casos activos manteñen a súa tendencia ascendente. Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Segue a busca da octoxenaria desaparecida en Lugo

A Policía Nacional de Lugo continúa dirixindo o operativo de procura de Isaura, de...

A Deputación de Lugo aproba a licitación para polígono da Fonsagrada, por máis de 2,6 millóns de euros

A Deputación de Lugo deu un paso decisivo para dotar á Fonsagrada de chan...

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...