Lugo rexistra 157 casos activos de coronavirus e oito hospitalizacións

A Uci do Hula atende un paciente máis respecto da xornada anterior.

Entrada principal do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) de Lugo | Sergas

O último balance de datos ofrecido polo Sergas respecto do coronavirus revela que na área sanitaria lucense hai 157 casos activos (un menos ca onte) e que nas últimas 24 horas foron detectados 6 positivos novos.  Hai un paciente ingresado máis. En total son 8: 4 en planta e 4 en Uci, todos eles no Hula.

Dende o inicio da pandemia, faleceron 212 persoas diagnosticadas de Covid-19 na provincia, curáronse 11.794 e realizáronse 211.521 PCR.

GALICIA

Galicia inicia esta semana cunha repunta da presión hospitalaria, ao aumentar a 185 os pacientes Covid ingresados, o que supón 13 máis que a xornada anterior. Os casos activos seguen en aumento mentres que os novos contaxios descenden. Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here