InicioSociedadeAbante BPO e o Eroski de Lugo, entre as empresas con máis...

Abante BPO e o Eroski de Lugo, entre as empresas con máis incidencia da folga do 8M

Os sindicatos denuncian os "abusivos servizos mínimos" que impediron que que haxa un seguimento importante en educación, sanidade ou servizos sociais.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O seguimento da folga convocada en Galicia este 8 de marzo con motivo do día internacional da muller pola centrais CIG e CUT é desigual por sectores, segundo a información que manexan fontes sindicais consultadas por Europa Press.

Este 8 de marzo no que CC.OO. e CIG non convocan paros, o seguimento da folga á que chaman CIG e CUT é escaso en boa parte da administración pública, en ámbitos como sanidade, ensino e servizos de atención, nos que denuncian a “imposición” duns servizos mínimos “que impiden facer folga”.

No ámbito privado, a CIG apunta a fábricas como a de Alonarti Vigo, na que “non entrou ningunha muller na quenda da mañá”, e a outras industrias da comarca como Pescanova, Borgwarner, Plastic Omnium e Denso, con “un amplo seguimento”.

Por outras zonas, de acordo cos datos desta organización, secundan a folga máis do 60% das traballadoras de Treves Pontevedra, mentres que nas plantas de Indipunt e Inditex de Narón, de Leche Celta Pontedeume e en varios centros de chamadas como Abante BPO de Lugo, Extel da Coruña e Unísono de Vigo o seguimento é “importante”.

No comercio de alimentación e no téxtil, a incidencia é “menor que en anos anteriores”, pero destacan as fontes sindicais que “si que se poden ver tendas pechadas” como a de Stradivarius da Praza de Lugo, a cafeteria Coremain de Compostela e do Eroski do centro comercial das Termas de Lugo, onde “o 90% das traballadoras non cooperativistas están en folga”.

En canto ás residencias privadas, tamén apuntan a un seguimento “desigual” con datos como os da de Ferrol, na que o 75% das traballadoras que non están asignadas aos servizos mínimos foron á folga, mentres que nos centros de Laraxe e Narón a porcentaxe redúcese ao 30%.

De acordo coa infomación da CIG, a folga por este 8 de marzo “tamén rexistra un seguimento importante nalgunhas administracións locais”. Respecto diso, sinala ao concello de Mugardos, do que lembra que “hai dous anos pretendeuse conculcar o dereito á folga das traballadoras” e “hoxe rexístrase un 80% de seguimento do paro”.

“ABUSIVOS SERVIZOS MÍNIMOS”

As primeiras horas da “folga de mulleres” están marcadas, para a CIG, polos “abusivos servizos mínimos” en sectores como sanidade e o de coidados. En calquera caso, piquetes da central percorreron de madrugada o polígono das Gándaras no Porriño, con paradas en Alonarti Envases e no Centro Industrial de Pescanova.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Ángel Pérez, aos seus 28 anos, perfílase para substituír a María José Gómez na alcaldía de Guntín

Ángel Pérez, concelleiro de Deportes de Guntín, perfílase para substituír a María José Gómez...

O BNG denuncia a situación da sanidade pública na Fonsagrada: atención telemática a maiores e prazas sen cubrir

A deputada do BNG no Parlamento, Olalla Rodil, presentou unha serie de iniciativas para denunciar a situación...

Denunciados unha ducia de condutores en Lugo por alcoholemia positiva, un deles por cuadriplicar a taxa máxima

A Policía Local de Lugo denunciou este fin de semana a unha ducia de condutores que...

A circulación entre a rúa Armañá e a Praza de Santo Domingo estará cortada desde este martes

O Concello de Lugo informou de que, ante a necesidade de executar as canalizacións...