Home Lugo e contorna Lugo O cribado no Campus Terra remata sen ningún positivo, pero cunha participación por baixo do 60%

O cribado no Campus Terra remata sen ningún positivo, pero cunha participación por baixo do 60%

0
O cribado no Campus Terra remata sen ningún positivo, pero cunha participación por baixo do 60%
Proba de Covid-19 | EFE

O Sergas rematou onte o cribado universitario que realizou no Campus de Lugo (Santiago de Compostela) durante o luns e o martes. Estaban citados 3.483 alumnos nestas dúas xornadas, dos cales acudiron 1.991. Todos os resultados deron negativo en coronavirus.

Segundo explicou o xerente da área sanitaria, Ramón Ares Rico, a porcentaxe de asistencia foi do 57,5%. As mostras foron tomadas na Facultade de Veterinaria, lugar ao que se desprazaron equipos sanitarios para efectuar tests de antíxenos e procurar posibles positivos asintomáticos no inicio da actividade lectiva presencial.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here