InicioSociedadeO fiscal mantén a petición de 5 anos de cárcere para Liñares...

O fiscal mantén a petición de 5 anos de cárcere para Liñares e rebaixa as penas do resto

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Fiscalía mantén a petición de cinco anos de cárcere para Francisco Fernández Liñares por prevaricación e suborno nas adxudicacións da Confederación Hidrográfica Miño-Sil. En cambio, rebáixase a petición a un ano e tres meses para oito dos nove empresarios acusados nesta mesma peza da Pokémon.

Ademais, mantense a petición por suborno para o noveno empresario, o único que non recoñeceu no xuízo a entrega de diñeiro a Liñares a cambio de adxudicacións feitas pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil entre os anos 2009 e 2012.

Precisamente, a anulación das probas que admitiu o alto tribunal incumbe ás actuacións a partir do 23 de setembro de 2012 e, principalmente, como apuntou o fiscal nas súas conclusións, a este acusado, que foi o único que seguiu unha liña distinta ao resto de empresarios. Para este empresario pediu tres anos de prisión.

No xuízo, os outros oito acusados recoñeceron que fixeron entregas de diñeiro a Liñares, que oscilaban de entre os 15.000 ata os 25.000 euros, como contraprestación ás adxudicacións que recibían as súas empresas. O expresidente da Confederación negounas.

O fiscal apuntou que a rebaixa da pena que propuña, fronte aos cinco anos iniciais igual que para o resto de acusados, debíase ás “dilacións” no procedemento, que non observa para o principal acusado da causa.

O xuízo quedou suspendido e retomarase ás 17:00 horas na Audiencia de Lugo, que prevé deixalo nesta xornada listo para sentenza.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...