InicioSociedadeA odisea do traxecto Friol-Narla: "Ou comes as fochancas ou comes a...

A odisea do traxecto Friol-Narla: “Ou comes as fochancas ou comes a cuneta”

Veciños da zona quéixanse do "lamentable" estado da LU-P-2106 e achácano ás choivas, ás sacas de madeira e á falta de mantemento. Son cinco quilómetros que supoñen un perigo para a circulación e que ocasionan danos nos vehículos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A estrada LU-P-2106, vía provincial que une Friol coas parroquias de Lamas e Narla, converteuse dun tempo a esta parte nunha odisea para os coches que a transitan a diario. Veciños da zona critican o “lamentable estado” do firme, repleto de fochancas ao longo de cinco quilómetros.

As choivas dos últimos meses, a actividade madeireira e a falta de mantemento en xeral son algunhas das causas que poderían explicar o empeoramento da estrada. “Nunca xamais estivo tan mal coma este ano”, quéixanse. “Ninguén se preocupa disto” a pesar de que supón un perigo real para a seguridade viaria. Pídenlle á Deputación de Lugo, entidade titular da vía, que repare os desperfectos canto antes para evitar males maiores.

“Os coches fan camiño pola cuneta porque acaba sendo máis seguro ca ir pola propia estrada“, explican. Con todo, hai puntos nos que a vía se estreita demasiado e nos que o desnivel das marxes complica aínda máis a circulación. Falan, por exemplo, de curvas pechadas e con moi pouca visibilidade. “É imposible apartar. Ou comes as fochancas ou comes a cuneta”.

Se o traxecto Friol-Narla levaba pouco máis de seis minutos en condicións de normalidade, agora este tempo duplícase pola necesidade de circular extremadamente amodiño. A veciñanza teme que o deterioro do firme remate causando algún accidente, á parte dos danos que xa ocasiona nos baixos e nos pneumáticos dos vehículos. Algunhas fochancas presentan unha profundidade de case 15 centímetros que, ao encherse de auga da choiva, fican ocultas aos ollos de condutores non familiarizados cos atrancos da vía.

+ posts

ÚLTIMAS

Mercar no pequeno comercio de Lugo pode ter como premio un coche híbrido

Un coche híbrido é o premio que pode tocarlle a algún consumidor ou consumidora...

A Deputación de Lugo eleva o seu orzamento para 2027 ata os 155 millóns, case un 15 % máis que este ano

A Deputación de Lugo contará en 2027 cun orzamento de 155.241.120 euros, o máis...

Pontón e Rodil inician a campaña en Lugo pedindo “salarios e pensións dignos para poder chegar a fin de mes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, elixiu Lugo para iniciar a campaña electoral...

Besteiro critica os “millóns dilapidados” por Feijóo en Lugo en “proxectos fracasados”, como o de Rozas

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou que a historia recente...