InicioSociedadeO centro de atención a maiores de Pedrafita do Cebreiro abrirá esta...

O centro de atención a maiores de Pedrafita do Cebreiro abrirá esta primavera

A xunta de goberno provincial aprobou este venres iniciar a contratación das prestacións básicas da residencia, último paso para a posta en marcha do xeriátrico.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo conta abrir o Centro de Atención a Maiores (CAM) de Pedrafita do Cebreiro esta mesma primavera. Avanzouno este venres a voceira socialista do goberno provincial, Pilar García Porto, nunha rolda de prensa posterior á xunta de goberno, na que se aprobou a apertura dun procedemento negociado para a contratación das prestacións básicas desta residencia, o último paso administrativo para poñela en marcha.

García Porto explicou que o contrato inclúe as prestacións de cociña, limpeza e asistencia básica para o centro. O importe de licitación é de 771.871€ para prestar este servizo ata xuño de 2022. “Trátase dun servizo 100% público que favorecerá a calidade de vida e o benestar das persoas maiores, e a conciliación, pero que ademais dinamiza a economía local e crea postos de traballo, o que contribuirá a fixar poboación neste concello e na zona”, incidiu a Deputada.

O CAM de Pedrafita do Cebreiro contará con 30 prazas de residencia e 20 de centro de día. “A nosa previsión é abrir este centro na primavera, dotando a Pedrafita desta prestación pública tan necesaria e tan desexada polos veciños e veciñas. Logo, como xa temos avanzado, a mediados de ano temos prevista a apertura da residencia de Meira e no segundo semestre, a de Navia de Suarna”, detallou.

Desta forma, a Deputación de Lugo pasará de ter as 5 residencias actuais –en Trabada, Ribadeo, Pol, A Fonsagrada e Castroverde-  a contar con 8 en funcionamento, coas de Pedrafita, Meira e Navia de Suarna.

OUTROS ASUNTOS NA XUNTA DE GOBERNO

A licitación das prestacións básicas da residencia de Pedrafita foi un dos contratos que saíu adiante na xunta de goberno celebrada hoxe, que en total suman un importe de 930.000€. Deste xeito, tamén se aprobou a adxudicación dos seguros necesarios para a prestación do servizo das rutas fluviais pola Ribeira Sacra en catamarán. O contrato adxudícase por un total de 16.210€. O seguro inclúe a responsabilidade civil, o seguro obrigatorio de viaxeiros e o seguro de cascos das embarcacións e equipos.

Tamén saíu adiante a adxudicación dunha póliza de seguros de accidentes por 84.500€ para os participantes e alumnos das actividades e cursos organizados pola institución provincial, e tamén para os usuarios e usuarias dos Centros de Atención a Maiores. Este contrato ten unha vixencia de 2 anos, con opción a prórroga ata os 4 anos máximo.

Así mesmo, aprobouse a adxudicación do servizo de inspección e mantemento das instalacións de protección contra incendios nos edificios da Deputación por preto de 58.000€, cunha vixencia de dous anos.

OBRAS EN FRIOL

Por outra parte, a  xunta de goberno aprobou unha solicitude do Concello de Friol para poder investir remanentes do Plan Único 2020 en dúas obras. Unha delas, cun investimento provincial de máis de 43.000€, servirá para pavimentar as vías de acceso aos núcleos de Bra, Lea e Montecelos. E a outra, co financiamento da Deputación de máis de 26.000€, servirá para pavimentar as vías de acceso á Cooperativo e a Casas da Noite.

+ posts

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Vilalba someterase a unha cuestión de confianza en relación aos orzamentos 2026

A alcaldesa do municipio lucense de Vilalba, Marta Rouco (PSOE), someterase o xoves, día...

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Detido un home por entrar ilegalmente na vivenda da súa irmá en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron a un home como presunto autor dun...

Arquivada a causa que investigou a alcaldesa de Guitiriz por cobro de dietas

A sección civil e de instrución do Tribunal de Instancia de Vilalba, praza 2,...