InicioSociedadeO Sergas comunica dous novos falecidos por covid no HULA

O Sergas comunica dous novos falecidos por covid no HULA

Un faleceu o venres e outro este sábado.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Consellería de Sanidade notificou este sábado a morte de 16 persoas –de diferentes días–, de forma que o total de vítimas en Galicia desde o inicio da pandemia aproxímase ás 2.000 (1.950).

Estas 16 persoas tiñan patoloxías previas. Dúas delas estaban vinculadas con residencias: un home de 94 anos do centro de Bande (falecido no CHUO) e unha muller de 85 anos, cuxa defunción se produciu na DomusVi de Vimianzo.

Estes dous óbitos en residencias producíronse o 5 de febreiro. Ese día a lista complétase con: seis persoas no Chuac (dous homes de 71 e 79 anos, e catro mulleres de 59, 77, 84 e 68); dous no CHUF (un home de 91 e unha muller de 79); dous homes no CHUO (de 78 e 86); e un home de 80 no HULA.

No tocante a este sábado, 6 de febreiro, hai tres defuncións: un home de 54 anos (Chuac), un home de 89 (CHUS) e un home de 65 (HULA).

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Traballadoras da limpeza dea Lugo protestan ante o Parlamento pedindo a mediación da Xunta

Traballadores do sector da limpeza de Lugo trasladaron a súa protesta este martes ás...

Xaneiro, a data para poñer en marcha os servizos do centro integral de Saúde en Lugo

O conselleiro de Sanidade Julio García Comesaña avanzou en sede parlamentaria a posta en...

Interceptan en Lugo a un home circulando sen permiso de condución

A Policía Local de Lugo interceptou este luns a un home que circulaba pola cidade e...

A Deputación de Lugo traslada á Plataforma Pro Residencia de Becerreá a súa “vontade” de abrir o centro canto antes

O deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, reuniuse este luns no Pazo...