InicioSociedadeOs tecores cualifican de "absurda e irresponsable" a prohibición da caza do...

Os tecores cualifican de “absurda e irresponsable” a prohibición da caza do lobo

Aseguran que esta decisión pon en perigo os gandeiros e o mundo rural.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE |  A asociación que agrupa aos tecores galegos, Ategal, emitiu un comunicado no que cualifica como “absurda, incoherente e irresponsable” a decisión “política” de prohibir a caza do lobo, porque “pode poñer en perigo aos gandeiros e, por riba a todo o mundo rural”.

Desde o seu punto de vista, trátase dunha “puñalada por detrás” por parte daqueles que “en campañas electorais enchen a boca pregoando o seu amor polo rural”, ao que logo “desangran e condenan, unha e outra vez, con decisións como esta”.

“Desde Ategal lamentamos que o Goberno abandone o mundo rural ao incluír ao lobo na listaxe de Especies Silvestres de Protección Especial, o que supón que xa non se poderá xestionar esta especie desde a actividade cinexética en toda España”, aclara.

Nese sentido, os tecores agrupados en Ategal afirman “compartir o desánimo das comunidades autónomas que contan con poboacións estables de lobo e que, grazas á súa xestión, conseguiron conservalas e melloralas”. Foron esas comunidades, lembra este colectivo, as que “se opuxeron a esta restrición, ilóxica de xeito evidente”.

Ategal opina nunha nota que “a comisión estatal de Patrimonio Natural ditou unha sentenza de morte para o rural galego e quen sabe se non o fará tamén para as poboacións de lobo”. “Ninguén está interesado na extinción do lobo, todo o contrario. É un motivo de orgullo contemplar a boa evolución das súas poboacións”, engade, polo que lles pide a quen toma estas “decisións” que “deixen de lado ideoloxías políticas e exerzan o seu labor con rigor e a máxima das responsabilidades”.

Por iso, reclama dos grupos políticos galegos que “poñan toda a carne no asador para evitar o desastre ambiental que supoñería unha poboación de lobos descontrolada por falta de xestión”.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo pide máis profesorado e apoio a residencias co voto contrario do PPdeG

O pleno ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes tivo como unha das...

O Mariñas Sound, o festival que naceu “dun grupo de amigos de 20 anos”, pon música á previa do San Froilán

O Mariñas Sound afronta a súa cuarta edición coa previsión de reunir a máis...

Prisión provisional para o detido por apuñalar a outro home nun bar da Milagrosa

O home detido pola súa presunta implicación no acoitelamento doutro cliente nun bar do...

Lugo reforzará a seguridade do San Froilán con máis cámaras, unha terceira ambulancia e avaliación de riscos por evento

O Concello de Lugo reforzará este ano o dispositivo de seguridade das festas de...