InicioSociedadeO ritmo de contaxios segue elevado en Lugo, cuxos hospitais xa contan...

O ritmo de contaxios segue elevado en Lugo, cuxos hospitais xa contan 52 pacientes

Nas últimas 24 horas confirmáronse 170 casos novos de coronavirus.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A evolución da pandemia na área sanitaria de Lugo mantén a súa tendencia á alza logo de confirmarse 170 casos novos de coronavirus a través de PCR nas últimas 24 horas. É unha cifra próxima ao récord de contaxios detectados nun día durante toda a pandemia en Lugo. Ademais, o total de casos activos sitúase nos 1.545 (96 máis ca onte).

Tal como prevía o xerente da área sanitaria, a gravidade da situación está a ter consecuencias sobre a presión asistencial. Fronte aos 46 ingresados de onte, os hospitais da provincia atenden hoxe 52 pacientes de Covid-19. O HULA conta 21 en planta e once na UCI; o Hospital da Mariña, 17; e o de Monforte, tres.

O Sergas non comunicou no día de onte ningún falecemento relacionado co coronavirus en Lugo, se ben no conxunto da comunidade galega morreron 15 persoas diagnosticadas desta enfermidade. Así pois, a provincia mantense con 158 vítimas mortais.

Por outra banda, ata o momento curáronse 7.348 persoas e realizáronse 147.474 PCR (1.495 onte).

GALICIA

No caso da comunidade galega, a curva segue en ascenso. Este sábado súmanse case 1.900 contaxios confirmados e outros 35 hospitalizados nunha xornada na que a positividade volve estar por riba do 12%, sete puntos máis do recomendado. Preocupa especialmente un dato: Galicia dobrou a ocupación das UCI en menos de dúas semanas. Podes consultar toda a información no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Mochilas sensorias neurodiverxentes nos Museos de Lugo

Os museos provinciais --Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar de San Cibrao, Museo...

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...