InicioSociedadeO colexio de Baralla tamén se lle rebela á Xunta: "Temos dereito...

O colexio de Baralla tamén se lle rebela á Xunta: “Temos dereito á xornada lectiva única”

A ANPA do CPI Luís Díaz Moreno leva anos en negociacións coa Consellería para modificar o horario escolar, un cambio que non lles conceden debido aos contratos que manteñen coas grandes empresas de transporte.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Nais e pais do alumnado do CPI Luís Díaz Moreno, en Baralla, andan inmersos nunha serie de protestas e reivindicacións para esixir a implantación da xornada lectiva única no centro. Consideran que o actual horario (de 10:10h a 17:15h) é “pésimo” porque tronza coa igualdade de oportunidades das crianzas do rural respecto dos nenos que viven na cidade.

“Algún pícaro chega á casa case ás seis da tarde, seguramente con tarefa para o día seguinte. Iso imposibilita ir ao conservatorio, apuntarse a clases, facer actividades extraescolares...”, explica Candela Fraga, membro da ANPA e representante das familias no Consello Escolar. Pais e nais entenden, ademais, que o horario xoga na contra do rendemento académico do alumnado, que comeza as aulas “moi tarde” e que logo se enfronta a “horas mortas” e baleiras de contido.

O IMPEDIMENTO: OS CONTRATOS DE TRANSPORTE

Por todo isto, a ANPA do centro xa leva reivindicando un cambio durante varios anos. No 2019, abriron un trámite administrativo co que finalmente conseguiron entrar en negociacións e diálogos informais, pero sen éxito. A traba que atopan é sempre a mesma: a Consellería mantén a negativa debido ás licitacións dos contratos de transporte escolar. “Ao final vemos que son as grandes empresas de transporte as que marcan os horarios escolares”, lamenta Fraga.

Tras un “proceso moi longo”, a Consellería de Educación ofreceu finalmente a alternativa de establecer unha xornada que vaia dende as 08:30h ata as 14.30h.Isto no rural é inviable, sobre todo cando algúns nenos pasan 50 minutos no autobús por estradas da Montaña. Teríanse que levantar ás 07:30h!”, afonda.

No canto diso, dende a ANPA propoñen comezar arredor das nove da mañá e rematar sobre as 15:30h.  Porén, visto que as negociacións “chegaron a un punto de silencio administrativo e de paralización do recurso”, vense obrigadas a levar as reivindicacións ao terreo da protesta pública, con pancartas ás portas do CPI Luís Díaz Moreno.

DESCOÑECEMENTO

“A xornada única non pode depender dos intereses do gran transporte” ou “Os nenos do rural teñen dereito á xornada única” eran algunhas das frases que se podían ler nos carteis que despregaron onte, xoves 21 de xaneiro. Coma no caso do colexio do Courel, tamén aquí baten de fronte con esta problemática. “Na Xunta planifican o transporte escolar en base a Google Maps, non coñecen as necesidades reais do rural”, chanta Candela Fraga.

Ao seu ver, existen vías máis beneficiosas para todos: “comprobamos que as rutas poden optimizarse sen gastar máis cartos”, din. Mesmo propoñen a inclusión do transporte vía taxis, un medio que axilizaría os traxectos e facilitaría a implantación da xornada única. “O cole de Baralla é un dos que peor horario ten en toda Galicia. Baralla sempre queda de último. Por que ten que ser así?”, pregúntase.


 

O posible peche do CEIP de Baamonde, outro “pau nas rodas” para o rural da provincia

ÚLTIMAS

Polémica por 300 hectáreas de monte veciñal no paraíso hippie de Negueira de Muñiz

É posible atopar restos de neve nos costados da sinuosa estrada que descende desde...

O Colexio de Arquitectos de Galicia presenta alegacións ao proxecto de Altri en Palas e pide máis información

O Colexio oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) acordou presentar alegacións ao Estudo de...

O vello profesor Xesús Alonso Montero volta ao seu instituto de Lugo para unha gran homenaxe

O destacado escritor, lingüista, profesor e ex presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús...

O BNG urxe ao Ministerio de Transportes realizar actuacións na N-6 ao seu paso polos concellos lucenses

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou varias iniciativas na cámara baixa...