Home Lugo e contorna Lugo Ramón Ares: “Veremos cal é a repercusión das festas despois de imaxes como as de Meira ou Lugo”

Ramón Ares: “Veremos cal é a repercusión das festas despois de imaxes como as de Meira ou Lugo”

0
Ramón Ares: “Veremos cal é a repercusión das festas despois de imaxes como as de Meira ou Lugo”
Aglomeracións na Rúa Nova de Lugo durante o Nadal | LX

O xerente da área sanitaria de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, Ramón Ares, informou esta mañá sobre os cribados realizados entre a poboación de Xove e alertou sobre a “preocupante” evolución da Mariña. Ares asegurou que en Lugo cidade e no sur da provincia “a situación é estable, pero queremos ver cal é a repercusión que poidan ter estes días de festa, despois de ver imaxes como as de Meira ou as da cidade de Lugo”.

O xerente refírese ás aglomeracións de persoas en bares ou en rúas, feito sobre o que pediu a máxima responsabilidade individual. “A capital provincial pechou durante moito tempo e con comportamentos coma ese corremos o risco de ter que aplicar medidas; ás veces están a pagar todos polos actos duns poucos”, pediu.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here