InicioSociedadeAumentan os hospitalizados e os casos activos na provincia

Aumentan os hospitalizados e os casos activos na provincia

A taxa de positividade en Galicia é case o dobre da recomendada pola OMS.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia rexistrou na xornada deste mércores un novo incremento dos casos activos de coronavirus, ata os 5.680, tras detectar máis de 400 novos positivos por PCR nun día no que, ademais, incrementouse o número de pacientes ingresados nos hospitais, tamén en Lugo.

En concreto, segundo os datos publicados pola Consellería de Sanidade, con cifras ata as 18,00 horas do mércores, Galicia detectou a través de probas PCR 438 positivos en covid-19, tres menos que a xornada anterior. No entanto, os casos activos situáronse nos 5.680, o que supón 55 máis que no último balance e unha tendencia que creceu nos últimos días.

Ademais, segundo reflicte esta información, tamén creceu a cifra de persoas hospitalizadas na comunidade, que alcanza as 351, 14 máis que o día anterior. A área de Lugo rexistrou 18 enfermos en hospitalización (+4) e dous en UCI.

POSITIVOS DIARIOS

Respecto da detección de casos, aínda que este mércores produciuse unha lixeira diminución nos novos positivos por PCR (-3), Galicia volveu a detectar máis de 400 novas infeccións nunha xornada, concretamente 438. O número de PCR realizadas situouse nas 6.578, 90 máis que a xornada anterior, o que eleva o total a 1.113.655, e a taxa de positividad elevouse desde o 6,5 ata o 7,8% das probas, case o dobre do recomendado pola Organización Mundial da Saúde (OMS). A área de Lugo-A Mariña-Monforte rexistrou 45 novos casos.

CASOS ACTIVOS

En relación aos casos activos en Galicia –persoas que manteñen a infección por covid-19–, a cifra continúa incrementándose e sobe en 55, ata os 5.680. Lugo-A Mariña-Monforte ten 444 casos activos, cun aumento de 14.

+ posts

ÚLTIMAS

Axenda teatral do Circuíto de Teatro Profesional da Vicepresidencia da Deputación

Continúa a dinámica axenda teatral dos concellos de Lugo dentro do Circuíto de Teatro...

“Esta é a violencia laboral que vivimos”: a CIG denuncia presións, ameazas e problemas de saúde na banca galega

A perda de dereitos laborais, o descenso dos salarios e as presións para acadar...

Besteiro acusa a PP e Vox de “ter présa” por esquecer os asasinatos franquistas e pide en Lugo “memoria, xustiza e dignidade”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou este xoves en Lugo...

A Deputación de Lugo renova a xestión de tres espazos turísticos e destina preto de 400.000 euros a estradas

A Deputación de Lugo deu luz verde á adxudicación da xestión de tres instalacións...