InicioSociedadeSeguen baixando os positivos diarios en Lugo

Seguen baixando os positivos diarios en Lugo

A provincia rexistra vinte hospitalizacións, catro delas na UCI.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Continúan en descenso os casos diarios de coronavirus confirmados na área sanitaria de Lugo. Segundo o Sergas, nas últimas 24 horas detectáronse 14 positivos, mentres que onte esta cifra era de 17 e antonte de 26. Ao tempo, tamén baixa o total de casos activos, que se sitúa en 360 (-9).

Pola súa parte, a cifra das hospitalizacións segue estable: 20. O HULA atende catro pacientes na UCI (-2) e dez en planta; o da Mariña, tres; e o de Monforte un.

O Sergas refire un total de 143 vítimas mortais dende o inicio da pandemia, entre as que se inclúen dous homes usuarios da residencia de Vilalba que finaron onte. Así e todo, neste cómputo non se recolle o deceso doutros dous maiores usuarios de xeriátricos que faleceron en Santiago. Así pois, serían 145 falecementos nesta área sanitaria.

Ademais, ata o momento contabilízanse 6.310 persoas curadas e 118.742 PCR realizadas (318 onte).

+ posts

ÚLTIMAS

O metal de Lugo sae á rúa e avisa de dúas xornadas de folga se non hai avances no convenio

Traballadores do sector do metal participaron este xoves na mobilización convocada pola CIG, UGT...

As luces do San Froilán alumearán Lugo desde este venres mentres o Concello reforza o bus urbano

O alumeado decorativo do San Froilán 2026 acenderase este venres, 2 de outubro, ás...

O PP de Lugo acusa ao PSOE de manter a Tomé para non perder o goberno da Deputación

O voceiro provincial do PP de Lugo, Antonio Ameijide, acusou o PSOE de “seguir...

Xornadas formativas sobre retos da crise climática na gandaría de leite ecolóxico

¡A Área de Medio Rural da Vicepresidencia da Deputación colabora coa Asociación de Produtores...