InicioSociedadeCatro denunciados por saltar a corentena en Lugo tras dar positivo en...

Catro denunciados por saltar a corentena en Lugo tras dar positivo en coronavirus

A Policía Local de Lugo tramitou medio millar de sancións dende o pasado 12 de xuño, a maioría delas en relación á obriga de portar máscara.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | Axentes da Policía Local de Lugo denunciaron a catro cidadáns que foron sorprendidos na vía pública tras dar positivo por coronavirus, de modo que saltaron a obrigatoria corentena.

O Concello de Lugo confirmou que lle remitirá á Xunta de Galicia un informe que recolle as 558 actas de infracción levantadas pola Policía Local dende o pasado 12 de xuño en relación á normativa para frear os contaxios.

En canto ás infraccións denunciadas, as máis numerosas, un total de 273, fan referencia ao incumprimento da obrigación de levar posta a máscara; pero os policías locais de Lugo tamén tramitaron 62 denuncias por reunións de persoas non conviventes, cando eses encontros estaban prohibidos.

Ademais, foron tramitadas outras 61 actas de infracción por saltarse o toque de queda, decretado entre as 23:00 e as 06:00 horas, e 58 máis por entrar ou saír do municipio de Lugo sen xustificación desde que o concello quedou pechado perimetralmente.

Tamén figuran nese informe as denuncias tramitadas tras sorprender a catro lucenses que transitaban pola vía pública a pesar de dar positivo por coronavirus.

No mesmo período, sete locais foron denunciados por superar o aforo permitido e outras catro por servir ou permitir o consumo no interior dos locais cando estaba prohibido.

Tamén foron denunciadas 19 persoas por fumar na vía pública sen respectar a distancia interpersoal e foron levantadas 31 actas por botellóns e 18 por festas familiares en domicilios particulares.

+ posts

ÚLTIMAS

“Esta é a violencia laboral que vivimos”: a CIG denuncia presións, ameazas e problemas de saúde na banca galega

A perda de dereitos laborais, o descenso dos salarios e as presións para acadar...

Besteiro acusa a PP e Vox de “ter présa” por esquecer os asasinatos franquistas e pide en Lugo “memoria, xustiza e dignidade”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou este xoves en Lugo...

A Deputación de Lugo renova a xestión de tres espazos turísticos e destina preto de 400.000 euros a estradas

A Deputación de Lugo deu luz verde á adxudicación da xestión de tres instalacións...

A Xunta dá o ‘ok’ ambiental á ampliación dunha granxa avícola en Friol ata case 77.000 pitos

A Xunta deu o visto e prace ambiental á ampliación dunha explotación avícola, ata...