InicioSociedadeOs contaxios afrouxan en Lugo, aínda que seis persoas seguen na UCI

Os contaxios afrouxan en Lugo, aínda que seis persoas seguen na UCI

No día de onte faleceu un septuaxenario con coronavirus no Hospital Universitario Lucus Augusti.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O total de casos activos por coronavirus na área sanitaria de Lugo continúa á baixa, ao rexistrarse este martes 15 de decembro 470 pacientes con infección activa (16 menos ca onte). Segundo o reconto ofrecido polo Sergas diariamente, en Lugo confirmáronse só 10 novos casos de Covid-19 a través de PCR nas últimas 24 horas. Nos días anteriores, esta cifra bailaba arredor da vintena.

En canto ás hospitalizacións, apenas hai cambios: son 26, fronte ás 27 de onte. Deles, seis pacientes seguen na UCI do HULA. Os outros están a ser atendidos en planta, distribuídos da seguinte maneira: doce no HULA, tres no Hospital da Mariña e cinco en Monforte.

Ademais, a provincia xa alcanzou os 140 falecidos oficiais dende o inicio da pandemia. O último foi un home de 79 anos que finou no Hospital Universitario Lucus Augusti. 

Pola contra, 28 persoas recibiron a alta médica nesta última xornada, de forma que xa hai 6.041 pacientes curados. Ata o momento fixéronse 113.810 PCR (795 onte).

+ posts

ÚLTIMAS

Presentado o proxecto para crear oito novas rotondas de cara a axilizar o tráfico en Lugo

O primeiro tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, fixo público o proxecto de...

Rueda defende a moción en Lugo entre acusacións de “comprar poder” e “incumprir” os estatutos do PP

A sesión de control do Pazo do Hórreo anticipou este martes o guión que...

Abre a estrada que conecta Vilalba e Chavín pola Balsa despois de arranxar unha ponte

A Deputación vén de reabrir ao tráfico a estrada LU-P-6502, que conecta Vilalba e...

Case 20 actividades no Arde Lvcvs Cvltvral para celebrar o 25 aniversario da festa

O Arde Lvcvs Cvltvral despregará este ano unha programación con preto de 20 actividades...