InicioSociedadeBaixan os casos e a presión hospitalaria por Covid-19 na provincia de...

Baixan os casos e a presión hospitalaria por Covid-19 na provincia de Lugo

Houbo 12 positivos menos que un día antes.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O número de persoas hospitalizadas en Galicia con covid-19 descendeu lixeiramente nas últimas horas, ao pasar de 412 a 372; tempo no que tamén baixan o número de novos positivos detectados, que se sitúan en 232 (28 menos). Con todo, o número de mortos segue elevado. Este luns informouse de 16 novos falecidos, aínda que sete deles eran correspondentes a segunda quincena de novembro.

En concreto, segundo os datos que publica este martes a Consellería de Sanidade actualizados ás 18,00 horas do luns, un total de 322 persoas permanecen ingresadas nas plantas dos hospitais galegas; mentres que nas unidades de coidados intensivos hai 50 pacientes. Na área sanitaria de Lugo, Monforte e A Mariña, baixan de 20 a 23 os pacientes en unidades convencionais de hospitalización. Ademais, dúas persoas permanecen na UCI.

Máis aló dos ingresados, Galicia sumou en 24 horas outros 232 positivos por covid-19, unha baixada de 28 con respecto ao día anterior. As PCR realizadas sitúanse en 5.618 –254 máis que as realizadas hai un día–. Na área de Lugo-A Mariña-Monforte informouse doutros 16 novos positivos –12 menos con respecto ao día anterior–.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo denuncia “intentos de danar a imaxe” do Arde Lucus

O Goberno local quere trasladar unha mensaxe de tranquilidade e confianza á cidadanía e...

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

Vilalba Aberta solicita conveniar coa Xunta un centro de día como en Outeiro de Rei

Vilalba Aberta volve tomar a iniciativa ao respecto do anhelado Centro de Día. A...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...