InicioSociedadeAlertan do risco da redución de servizos contra a violencia machista no...

Alertan do risco da redución de servizos contra a violencia machista no Nadal

A asociación 'Si Hai Saída' constata un incremento do 40% nas consultas durante os meses de pandemia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A presidenta da asociación contra a violencia machista ‘Si hai saída’, Marta Rodríguez Engroba, alertou este luns do risco que trae a época do Nadal, ao tratarse dun período no que “diminúen” en Lugo os servizos de atención

Rodríguez Engroba destacou que na súa organización incrementouse un 40%  o número de consultas sobre malos tratos, de forma que nestes meses de pandemia atenderon cincuenta vítimas.

Estas consultas multiplicáronse nas últimas semanas, de cara á ponte da Constitución e ao período do Nadal. “Son datas que todos os anos se presetan a máis problemas: intercambio de menores, reunións familiares e ademais os servizos minimízanse tanto a nivel policial como administrativo porque lamentablemente en Lugo opérase moito en horario de funcionariado”, lamentou.

A activista contra a violencia de xénero pon o acento en que “a preocupación é enorme” e as restricións ás reunións de familiares van “traer friccións, a agresividade aumenta”, deduce.  “Si que notamos que imos a unha situación de confinamento co maltratador e que se produce un incremento de consultas”, significou.

‘Si Hai Saída’ constata un “incremento do corenta por cento” nas consultas onde aínda hai “moitas mulleres indecisas en canto á decisión a tomar e que están a tentar preparar o camiño”. “Non todas as mulleres teñen o mesmo estado do problema, e outras xa levan moito tempo connosco”, concluíu Marta Rodríguez Enrgoba.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...

O Concello de Lugo pide axilidade á Deputación na renovación da avenida Adolfo Suárez

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo un encontro co presidente da Asociación de...

González Abelleira cualifica o “plan de choque” de Candia para o SAF como “unha fraude política” 

A portavoz adxunta do Grupo Municipal Socialista, Ana González Abelleira, denunciou hoxe que o...