InicioSociedadeSae adiante por ampla maioría nun referendo cidadán a peonalización dunha rúa...

Sae adiante por ampla maioría nun referendo cidadán a peonalización dunha rúa de Lugo

Cunha participación do 60%, o resultado desta consulta foi do 54 % afirmativo e o 12 % abstívose.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A veciñanza da rúa Rafael de Vega convocou ás urnas a todas ás persoas da contorna para decidir sobre unha posíbel humanización do espazo público na devandita rúa. “Este acto democrático e de participación cidadá trátase do primeiro que se desenvolve en Lugo”, apunta o tenente alcalde, Rubén Arroxo.

Cunha participación do 60%, o resultado desta consulta foi do 54 % afirmativo e o 12 % abstívose, o que permite que Rafael de Vega mude a súa estética e comecen nos vindeiros meses a súa intervención.

Tras is resultados, Rubén Arroxo destacou que “este exercicio democrático pon de relevo que a colaboración de todas e todos é vital para a transformación do Lugo do futuro”. O Tenente de Alcalde explicou que este proxecto de humanización será incluído nos vindeiros orzamentos municipais 2021.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...