InicioSociedadeMedio século da primeira promoción de Enxeñaría Técnica Agrícola

Medio século da primeira promoción de Enxeñaría Técnica Agrícola

A USC celebra as vodas de ouro nun acto conmemorativo este sábado 21, ás 12:00 horas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Escola Politécnica Superior de Enxeñaría (EPSE) da USC conmemora este sábado as vodas de ouro da primeira promoción da titulación en Enxeñaría Técnica Agrícola formada en Galicia. Será no marco dun acto promovido xunto coa Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC (Alumni) e que, entre outras, servirá para que aquel grupo de pioneiros, convertidos hoxe en xa veteranos enxeñeiros e enxeñeiras técnicas agrícolas, deixen a súa pegada no Recanto da Saudade do Campus de Lugo, un monolito situado nun dos accesos ao Campus de Lugo no que se colocará unha placa conmemorativa.

A vicerreitora de Coordinación do Campus de Lugo, Montserrat Valcárcel, participará neste emotivo acto, que comezará ás 12.00 horas e no que os seus promotores agardan a presencia de enxeñeiros homenaxeados, así como doutros colegas de profesión e dos colexios profesionais, ademais de representantes académicos e responsables políticos.

A alcaldesa do Concello de Lugo, Lara Méndez; a subdirectora da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría Rosa Romero; o vicepresidente de Alumni-USC, Carlos Herrero; a xefa provincial da Consellería de Medio Rural, Olga Iglesias; o presidente do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas de Lugo, Marcos Vázquez Marey, o enxeñeiro David Prieto, que intervirá en representación do alumnado da primeira promoción, que contaba con 44 estudantes, e José Ramón Molinero Senovilla, que actuará como portavoz do cadro docente, ademais dun representante da Deputación de Lugo son algunhas das autoridades que participarán neste acto conmemorativo.

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...