Home A Ulloa Baixan os casos activos, pero o número de novos positivos segue sendo elevado

Baixan os casos activos, pero o número de novos positivos segue sendo elevado

0
Baixan os casos activos, pero o número de novos positivos segue sendo elevado
HULA | Grupo San José

O número de casos activos por coronavirus na provincia de Lugo baixa a 1.042, 20 menos ca onte, segundo o reconto ofrecido este luns polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Porén, nas últimas 24 horas confirmáronse 71 positivos novos por PCR.

Do total de contaxiados, 59 persoas permanecen hospitalizadas (dous máis). O Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) atende 35 pacientes en planta e cinco na UCI; o da Mariña coida de 13; e o de Monforte, de 6.

No histórico da provincia documéntanse 110 falecementos. O último foi notificado onte e tratábase dun varón de 93 anos que morreu no HULA e que procedía da Vivenda Comunitaria Remanso de Paz, na Fonsagrada.

Ademais, ata o momento curáronse 4.275 pacientes e fixéronse 92.669 probas PCR, o que implica que nas últimas 24 horas se efectuaron 943.

GALICIA

Por outra banda, a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa de que a comunidade galega rexistra unha baixada nos casos activos: 9.110. Tamén seguen en descenso os contaxios de Covid-19, ao detectarse 444 novos positivos.

Tendencia diferente seguen as hospitalizacións, que volven aumentar e xa se sitúan nas 610 (32 máis ca o domingo). Deste total de pacientes ingresados, 110 atópanse en Unidades de Coidados Intensivos (+5).

O número de falecementos relacionados coa pandemia alcanza os 1.069 en Galicia.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here