InicioSociedadeRepunta o número de enfermos críticos na UCI do HULA

Repunta o número de enfermos críticos na UCI do HULA

Nas últimas 24 horas detectáronse 42 casos novos na área sanitaria de Lugo, malia que os casos activos seguen en descenso.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo dobra o número de pacientes con coronavirus ingresados na Unidades de Coidados Intensivos, ao rexistrarse este venres seis persoas, fronte as tres de onte. Todas elas están a ser atendidas na UCI do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA). Ademais, outras 47 persoas están ingresadas en planta: 31 no HULA, 11 no Hospital da Mariña, e 5 en Monforte.

Ao tempo, Sanidade informa de que nas últimas 24 horas se confirmaron 42 novos casos a través de PCR, mentres que os casos activos seguen á baixa (son 1.053, once menos).

No histórico da provincia, en Lugo rexistráronse 108 falecidos dende o inicio da pandemia. Ata o momento fixéronse 89.771 probas PCR (811 no día de onte).

GALICIA

O Sergas tamén  notifica unha repunta de contaxios no conxunto da comunidade galega (625), mais os casos activos continúan en descenso. Non obstante, preocupa o aumento de ingresos en UCI (96, seis máis).

+ posts

ÚLTIMAS

‘Raíces nas Augas’: a obra que aborda as migracións entre Europa e o Río da Prata combinando o rigor e a dimensión humana

‘Raíces nas Augas’ é unha obra que reconstrúe, en palabras do seu autor, o...

Investigan a morte dunha muller tras precipitarse na Muralla de Lugo

Unha muller faleceu na madrugada deste domingo tras precipitarse desde a Muralla de Lugo,...

A moción de censura de Lugo irrompe no Parlamento galego

A moción de censura impulsada polo PP en Lugo, que se debaterá o vindeiro...

Vilalba leva a pleno a renovación do saneamento na rúa Plácido Peña

O Concello de Vilalba celebrará o vindeiro martes, 5 de maio, un pleno extraordinario...