InicioSociedadeLugo rexistra menos casos activos e os contaxios mantéñense estables

Lugo rexistra menos casos activos e os contaxios mantéñense estables

Aumentan os pacientes ingresados na UCI do HULA, malia que descenden

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo rexistra este mércores 11 de novembro un descenso de casos activos por Covid-19. Segundo os datos ofrecidos por Sanidade, hoxe hai 1.129 pacientes, o que supón 19 menos ca no día de onte. No entanto, diagnosticáronse 34 novos positivos por PCR nas últimas 24 horas, cifra similar á que daba Sanidade na xornada anterior e que amosa certa tendencia á baixa nos últimos días.

Do mesmo xeito, tamén hai menos persoas ingresadas nos hospitais da provincia: 59 (catro menos), mais a UCI do HULA pasou a atender cinco pacientes (+1). En concreto, o Hospital de Monforte conta 6 hospitalizacións relacionadas co coronavirus; o da Mariña, 15; e o HULA, 38.

Por outro lado, a provincia de Lugo lamenta as 108 vítimas mortais dende o inicio da pandemia. As últimas mortes producíronse no día de onte, ambas vinculadas a residencias de anciáns.

Ata o momento realizáronse en Lugo 88.076 probas PCR, das cales 655 foron nas últimas 24 horas.

GALICIA

Os datos para Galicia revelan unha repunta nos contaxios a pesar de que os casos activos seguen baixando. Na xornada de onte detectáronse 520 novos positivos, mentres que os pacientes con infección activa son 9.869 (83 menos ca o martes). Pola contra, aumentan lixeiramente as hospitalizacións ata as 611 (+2), dos cales 95 permanecen nas UCI.

No histórico da comunidade, faleceron 1.024 persoas que contraeran o virus. Este martes a Consellería de Sanidade notificou 15 mortes, unha das maiores cifras rexistradas na segunda onda en Galicia.

+ posts

ÚLTIMAS

Vicepresidencia da Deputación

A Vicepresidencia da Deputación pon en marcha a segunda edición da Semana do Patrimonio...

A Deputación pide un pacto contra o transfuguismo blindado por lei

O Pleno da Deputación de Lugo celebrado este martes sacou adiante unha iniciativa para...

Un total de dez ofertas presentáronse para construír as 152 novas vivendas públicas en Garabolos licitadas por 26,5 millóns

A Xunta de Galicia recibiu un total de 10 ofertas para construír 152 novas...

O PP pide no Senado aumentar o investimento eléctrico en Lugo tras quedar Altri sen conexión

O PP empregou a súa maioría absoluta no Senado para aprobar este martes na...