InicioSociedadePiden 28 anos de cárcere para un proxeneta que xa quedou en...

Piden 28 anos de cárcere para un proxeneta que xa quedou en liberdade dúas veces por explotar mulleres

Está acusado de inmigración ilegal, prostitución e tenencia ilícita de armas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Audiencia Provincial de Lugo xulga a partir do mércores 11 a un home por supostos delitos contra os dereitos dos traballadores, de inmigración ilegal, prostitución e tenencia ilícita de armas. O acusado é o administrador dunha sociedade dedicada a explotar locais nos que se exercía a prostitución e enfróntase a unha petición de 26 anos de cárcere.

O fiscal asegura que contactaba con mulleres estranxeiras en situación económica moi precaria e pagáballes a viaxe a España, onde as obrigaba a prostituírse. O caso procede do Xulgado de Instrución número 1 de Lugo.

Segundo o fiscal, o acusado, coa intención de que exercesen a prostitución, “buscaba en Venezuela –tamén noutros países como Brasil– mulleres, a quen lles pagaba o billete e diñeiro para poder entrar en España, xustificando así a súa suficiencia económica durante o período de estancia”.

Dúas mulleres que agora son testemuñas protexidas “quedaron obrigadas a exercer a prostitución e a residir” nun dos clubs “mentres non abonasen o pago desa cantidade de diñeiro”.

De acordo co relato do Ministerio Público, as mulleres “non podían saír con liberdade” e “se saían era por exemplo para cousas puntuais como ir á farmacia” e “regresaban enseguida porque tiñan que traballar”.

As condicións nas que exercían a prostitución eran extremadamente duras, só podían descansar un día á semana, en caso de menstruación só podían descansar o primeiro día polo que o resto dos días tiñan que utilizar esponxas vaginales que compraban no mesmo club por 2 euros para poder traballar”, expón.

As mulleres que traballaban nos clubs “carecían de calquera dereito inherente á súa actividade laboral, ao non ter contrato de traballo, seguros médicos, coa consecuente desprotección na saúde”. Ademais, “rexíanse por unha serie de normas non escritas, como ocorría se non ían traballar, se chegaban tarde”.

O Xulgado de Instrución número 1 de Lugo ditou en 2009 a prisión provisional do acusado, pero outro auto de 2010 acordou a súa liberdade provisional. Despois, en 2011, volveuse acordar a prisión provisional ata o abril dese ano, data en que se lle volveu a deixar en liberdade provisional.

ÚLTIMAS

Cae parte do teito do Xulgado do Social número 4 de Lugo, o que obriga á recolocación de traballadores e a xuíza

A xuíza decana dos Xulgados de Lugo, Olalla Díaz Sánchez, ordenou o peche provisional do...

José Tomé: “A elección de Miguel Fernández foi consensuada. Quedou asinada. Foi un proceso totalmente lucense”

Xa vexo que tes moitos papeis enriba da mesa. E iso?  (Ri) Depende de por...

Catro anos de internamento para un mozo por agredir sexualmente a un neno de 8 anos en Lugo

Un mozo foi condenado polo Xulgado de Menores de Lugo a catro anos de internamento en...

O proxecto Renace de Lugo: buscando as claves da boa xenética dos centenarios galegos

O proxecto Renace (Rexistro Nacional de Centenarios de España), que se impulsa desde Lugo, estuda...