InicioSociedadeBaixan os casos activos en Lugo ao reducirse o número de novos...

Baixan os casos activos en Lugo ao reducirse o número de novos positivos

Un total de 38 persoas están hospitalizadas na provincia (+1), cinco delas nas UCI.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo presenta este luns 2 de novembro un total de 983 casos activos, tres menos ca na xornada anterior. A isto axudaron as 41 altas diagnosticadas e o notable descenso dos novos positivos detectados nas últimas 24 horas: confirmáronse 39 novos contaxiados, mentres que o sábado e o domingo esta cifra superaba o centenar.

Cómpre analizar estas cifras con cautela, posto que a baixada no total de casos activos podería deberse ao ‘efecto fin de semana’ e ao menor número de probas realizadas durante estes días.

En canto á presión asistencial, hai 38 persoas con Covid-19 hospitalizadas na provincia (+1 respecto do día de onte). Delas, 33 están a ser atendidas en planta e cinco permanecen na UCI (+1). Por outra banda, o número de falecidos ascende ata os 98 tras finar recentemente dúas usuarias dunha residencia na Mariña.

CONCELLOS EN ALERTA

A Consellería de Sanidade tamén trasladou o mapa ‘semáforo’ da incidencia do coronavirus por concellos. Así, na provincia lucense, os municipios que manteñen a alerta vermella son Lugo, A Fonsagrada, Cervo, Viveiro e Monforte de Lemos. 

Mapa de incidencia do coronavirus en Galicia a 2 de novembro | Consellería de Sanidade

DATOS EN GALICIA

Segundo a Consellería de Sanidade, no conxunto da comunidade galega os positivos por Covid-19 confirmados por PCR nas últimas 24 horas descenderon a 597. Son case 200 menos que os contabilizados diariamente durante o pasado fin de semana -775 o domingo e 755 o sábado-.

Desde o inicio da pandemia en Galicia contaxiáronse 37.966 persoas e faleceron 923. Podes ler máis información no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

‘Raíces nas Augas’: a obra que aborda as migracións entre Europa e o Río da Prata combinando o rigor e a dimensión humana

‘Raíces nas Augas’ é unha obra que reconstrúe, en palabras do seu autor, o...

Investigan a morte dunha muller tras precipitarse na Muralla de Lugo

Unha muller faleceu na madrugada deste domingo tras precipitarse desde a Muralla de Lugo,...

A moción de censura de Lugo irrompe no Parlamento galego

A moción de censura impulsada polo PP en Lugo, que se debaterá o vindeiro...

Vilalba leva a pleno a renovación do saneamento na rúa Plácido Peña

O Concello de Vilalba celebrará o vindeiro martes, 5 de maio, un pleno extraordinario...