InicioLugo e contornaLugoA xuíza Pilar de Lara: "Os dous primeiros meses da sanción foron...

A xuíza Pilar de Lara: “Os dous primeiros meses da sanción foron moi duros”

Di que só ten opcións de concursar en Cataluña, Canarias ou algúns puntos de Madrid, "prazas que non queren outros compañeiros". Destaca que fixo moitos cursos e tamén se formou en francés e inglés "que os tiña bastante esquencidos".

PUBLICADA O

- Advertisement -

ex titular do Xulgado de Instrución Número 1 de Lugo Pilar de Lara, que instruíu macrocausas como a ‘Pokémon’, xa cumpriu a sanción que lle impuxo o Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) de sete meses e un día, por dilacións indebidas nos procesos que levaba, e agora volverá concursar e optar a algunha das máis de cen prazas que se habilitan para este concurso.

A propia xuíza confirmou que o castigo “xa venceu o 2 de setembro, xa se fixo efectivo o reingreso ao servizo activo que aprobou a Comisión Permanente (do Consello Xeral do Poder Xudicial) de sete meses e un día de suspensión de emprego e soldo”.

Agora tócalle cumprir coa “segunda parte, que é a perda de destino en Lugo (tras 12 anos)”. “E obríganme ao que é a perda de destino e a concursar a todas as prazas que quedan dispoñibles”, dixo.  Pilar de Lara concretou que “xa saíu publicado o concurso de maxistrados o pasado 8 de setembro, e xa pedía destino e agora a ver que pasa”. “Saíron bastantes prazas, non lembro pero sobre 104 ou 105 e eu tiven que pedir todas. Tardei bastante tempo en cubrir o formulario”, confesou.

En canto a “destinos prioritarios”, asume a xuíza que é “consciente” que non ten “ningunha probabilidade” de pedir en Galicia, con “o cal está todo o abanico aberto”. “Onde máis posibilidades teño de conseguir destino é naquelas comunidades autónomas que non adoitan ser desexadas polos compañeiros, é dicir; Cataluña, Canarias ou algúns xulgados de Madrid. Son ese tipo de prazas que adoitan quedar vacantes”, constatou.

Neste sete meses a xuíza, que levou operacións como a ‘Carioca’ sobre redes de prostitución, a ‘Pokemon’ ou o ‘Garañón’ sobre corrupción política, recoñeceu que “os dous primeiros meses (de sanción) foron máis duros porque te tes que facer á idea”. “A min gústame traballar e entón de súpeto pasas dunha actividade bastante extrema e no meu caso os últimos meses de traballo foron dun gran esforzo e de súpeto estás parada”, sinalou.

Pilar de Lara destacou que todo este tempo para ela foi “bastante produtivo, á marxe de toda a situación de Covid”. “Acabei realizando moitísimos cursos; algúns organizados polo Consello Xeral do Poder Xudicial, algúns cursos do Consello de Europa e logo cursos noutros países, todos vía en liña”, comentou.

“Tratei de formarme e de aproveitar o tempo; facer actividades de hobby como tocar a guitarra, formarme en idiomas, sobre todo francés e inglés que os tiña bastante esquecidos. Aproveitei o tempo todo o que puiden”, concluíu a xuíza que en abril abandonou o Xulgado de Instrución Número 1 de Lugo.

ÚLTIMAS

Xulgan a unha muller que se apropiou de 37.500 euros dun cliente que contrataba os seus servizos sexuais

Unha muller sentará no banco dos acusados da Audiencia Provincial de Lugo a próxima...

Detidos dous veciños por roubar 1.750 válvulas de bombonas de butano

A Garda Civil detivo na madrugada do xoves a dous veciños de Ferrol, de...

A Deputación de Lugo presume de política social con 136 millóns: “construimos 13 residencias en oito anos e a Xunta, 0”

Os orzamentos da Deputación de Lugo crecerán en 2026 ata superar os 135 millóns...

TSXG ratifica a condena a dous homes por traficar con drogas valoradas en máis de 18.000 euros

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG)...