InicioSociedadeLugo, á cabeza de novos casos da Covid en Galicia, con 89...

Lugo, á cabeza de novos casos da Covid en Galicia, con 89 novos contaxiados

PUBLICADA O

- Advertisement -

O número de casos activos de COVID en Galicia segue en aumento este mércores, con 218 máis, e elévanse a 2.798, despois de incrementarse os contaxios en todas as áreas, salvo na de Ferrol, que descenderon en tres.

Así se reflicte nos datos actualizados este mércores pola Consellería de Sanidade, que indican que do total de pacientes positivos, 13 seguen en UCI –igual que este martes–, 84 atópanse en unidades de hospitalización convencional –11 máis–, e 2.701 en seguimento domiciliario –207 máis respecto da xornada anterior–.

Dos 2.798 casos activos, 1.275 corresponden á área da Coruña e Cee –35 máis que este martes–; 441 á de Lugo –89 máis–; 382 á de Santiago –53 máis– 177 á de Vigo –sete máis–, 165 á de Pontevedra e O Salnés –18 máis–; 243 á de Ourense –19 máis–; e 115 á de Ferrol –tres menos–.

Así mesmo, Sanidade sinalou que, ata o momento, curáronse en Galicia 12.086 persoas, 67 máis que a xornada pasada. Desde o inicio da pandemia morreron con COVID-19 en Galicia 633 persoas, das que 278 eran usuarios de centros residenciais. Destes últimos, 134 afectados faleceron dentro de centros xeriátricos.

Do total de 2.798 casos activos na Comunidade galega, este mércores 138 están vinculados a centros residenciais, en relación a 99 usuarios e 39 traballadores. O número de PCR realizadas ata a data na Comunidade galega ascende a 312.766 fronte ás 308.162 rexistradas ata este martes, segundo os datos difundidos por Sanidade.

+ posts

ÚLTIMAS

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

O PSOE de Lugo alerta que o Arde Lucos non ten Plan de Autoprotección

  O concelleiro do Grupo Municipal Socialista Jorge Bustos expresou hoxe a súa profunda preocupación...