Home Lugo e contorna Lugo Outros sete viandantes foron denunciados en Lugo por non levar máscara

Outros sete viandantes foron denunciados en Lugo por non levar máscara

0

EFE | A Policía Local de Lugo denunciou onte outras sete persoas na cidade por non facer uso da máscara na vía pública sen un motivo xustificado. Desta maneira, en tan só os dous primeiros días de xullo, os axentes tramitaron 14 denuncias a lucenses por esta cuestión.

Segundo informa o propio corpo de seguridade, onte despregaron un “dispositivo para o control do uso de máscaras” por parte dos viandantes. Lembran que a norma autonómica establece o obrigatoriedade da mesma tanto para transitar pola rúa -cando non se poida garantir a distancia de seguridade- como nos espazos pechados de uso público.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here