InicioSociedadeA Policía Local de Lugo xa sancionou varios peóns que non levaban...

A Policía Local de Lugo xa sancionou varios peóns que non levaban máscara

As multas poden ir dende os 601 aos 30.000 euros.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | A Policía Local de Lugo comezou a vixiar que os cidadáns fagan un correcto uso das máscaras de protección nesta fase do proceso de desescalada. Só no día de onte xa denunciaron a tres persoas por non levala posta a pesar de que se atopaban en lugares onde non era posible manter a distancia de seguridade. As sancións por incumprir estas normas oscilan entre os 601 e os 30.000 euros.

Segundo informou a Policía Local, axentes da Unidade Territorial de Policía de Barrio estableceron diversos operativos no centro urbano para controlar o cumprimento das normas do Ministerio de Sanidade relacionadas coa COVID-19. Durante a súa participación neses operativos de vixilancia, tanto de peóns como de condutores, os axentes da Policía Local levantaron tres actas de infracción por non facer uso de máscaras de protección.

Nese sentido, a Policía Local lembra que o uso de máscaras é obrigatorio “sempre que non sexa posible manter unha distancia de seguridade interpersoal de polo menos 2 metros”. Tamén é de forzoso uso no interior daqueles vehículos nos que viaxen persoas que non viven na mesma casa.

+ posts

ÚLTIMAS

Case nove de cada dez euros para concellos do PSOE e BNG: a denuncia do PP contra a Deputación de Lugo

O reparto dos fondos da Deputación de Lugo a través de convenios cos concellos...

Tomé, convocado por “erro” á xunta de portavoces provincial para asinar a declaración contra a violencia de xénero

A sinatura da declaración institucional con motivo do 25 de novembro, Día Internacional da...

Desaloxados varios colexios en Lugo por ameaza de bomba

A Policía Nacional levou a cabo na mañá deste mércores desaloxos en colexios galegos...

Buscan en Suíza probas da falsa médica sobre a que pesa unha orde internacional de procura

O xulgado de instancia de Lugo, sección penal, praza 2, agarda resposta das autoridades...