Home Lugo e contorna Feijóo di non entender o repunte de casos en Lugo porque “é a provincia máis segura da pandemia”

Feijóo di non entender o repunte de casos en Lugo porque “é a provincia máis segura da pandemia”

0

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, non soubo a que se debe o pequeno repunte de casos de coronavirus na provincia de Lugo, que pasou de 117 a 127, cinco casos máis nas últimas horas, tras as reducións de casos nos últimos días, o último o xoves, con nove contaxiados menos.

“Lugo é a provincia con menor índice de pandemia”, dixo o presidente galego que explicou que esta circunstancia pode ter que ver con algún brote entre persoal sanitario ou nalgunha residencia.

Con todo Lugo insistiu en que esta provincia foi na que menos circulou o virus. “Non sei o dato exacto nin a que se pode deber porque é a provincia máis segura da pandemia xa non de Galicia, senón de España”, presumiu.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here