InicioSociedadeSete casos activos menos, pero sen cambios nos hospitais de Lugo

Sete casos activos menos, pero sen cambios nos hospitais de Lugo

A comunidade galega xa supera os 600 falecementos pola pandemia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Consellería de Sanidade informa dunha nova baixada no total de casos activos por coronavirus na área de Lugo. Son 117 este xoves 14 de maio, nove menos ca os rexistrados na xornada de onte. No que respecta aos hospitais, non hai variacións.

Desta maneira, seguen ingresadas catro persoas na Unidade de Coidados Intensivos (UCI) do HULA, mentres que outro paciente está hospitalizado en planta. Os 112 positivos restantes atópanse nos domicilios.

Por outra banda, segue medrando o número de altas. O Sergas xa documentou a recuperación de 770 persoas; isto é, persoas que deron negativo nunha proba de PCR tras padecer o virus ou ben persoas que xa non presentan síntomas pasado un tempo.

En canto ás vítimas mortais, mantéñense en 27. No día de onte, coñecíase o falecemento dun home que ingresara con coronavirus no Hospital da Mariña e que permanecía na UCI, pero xa dera negativo nun test . Polo tanto, a súa morte non entra no reconto oficial da pandemia.

GALICIA

Na comunidade galega volven baixar os casos activos por quinto día consecutivo e sitúanse nos 2.074 (-105). Deles, 21 permanecen en UCI, 123 están en unidades de hospitalización e 1.930 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 8.157 persoas curadas e rexistráronse 601 falecementos. O número de PCR realizadas é de 120.424

+ posts

ÚLTIMAS

Xunta e Deputación de Lugo avanzan no consenso sobre o anteproxecto da Lei de Administración Local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de...

O poemario “Agora, eu cariota” preséntase no Club de Lectura de Lugo

A presentación do poemario "Agora, eu cariota" no Vello Cárcere de Lugo contará coa...

Rueda “define” o xornalismo de proximidade como “preguntar, escoitar e contrastar” na entrega dos Puro Cora

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou este xoves na entrega do XXXIII Premio...

Case 400.000 euros para a mellora de estradas en Palas de Rei e A Pastoriza

A Deputación de Lugo aprobou este venres un investimento de 373.028,38 euros para a...