InicioSociedadeO día 1 do restaurante 'A Paparota', inaugurado en plena desescalada: "A...

O día 1 do restaurante ‘A Paparota’, inaugurado en plena desescalada: “A xente está a responder”

O hostaleiro Abel Carcur tiña previsto abrir o local o 16 de marzo, pero o estado de alarma paralizou todo. Agora xa non podía esperar máis. Comeza "con forza e enerxía" e alégrase de ter xa unha vintena de pedidos para esta fin de semana.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | O restauranteA Paparota estréase hoxe na escena hostaleira lucense. O seu propietario, Abel Carcur, inaugurou o local este 8 de abril, en plena fase 0 da desescalada polo estado da alarma. “A xente está a responder” neste primeiro día, sinala, contento. Carcur trae “a ilusión por bandeira” para facerse “un oco na oferta de lecer e gastronomía lucense”.

En declaracións a EFE contou que a súa decisión de abrir tivo “bastante repercusión”, porque xa ten oito pedidos de comida para a xornada de hoxe, ademais de sumar outros vinte e un para a fin de semana.  “Estamos contentos. Estamos a recibir pedidos neste primeiro día e comezamos con moita forza e moita enerxía”, dixo Carcur.

En canto ás preferencias dos seus novos clientes, precisou que están “a ter moito éxito as dúas ensaladas que figuran no menú”, pero tamén pratos máis consistentes, como “a costela de tenreira ou as faceiras”. No que se refire ás sobremesas, os primeiros pedidos decántanse maioritariamente “pola torta de queixo e o arroz con leite, que están boísimos”, recoñece o propietario.

UN INICIO TRONZADO POLO ESTADO DE ALARMA

Abel Carcur precisou que tiña prevista a apertura deste novo local o 16 de marzo, pero como consecuencia do estado de alarma decretado para frear a propagación do coronavirus, non puidera iniciar aínda a súa actividade.

“Temos moita ilusión. Confiamos en que a xente busque a estrañada normalidade”, dixo Carcur, e que o novo local “teña moita afluencia de xente”, primeiro para probar a súa oferta gastronómica a domicilio e logo, cando a situación o permita, no propio establecemento, que está situado no número 73 da Avenida de Magoi, preto do campus universitario.

“Loxicamente, a apertura para degustar a oferta gastronómica no propio local deberá atrasarse ata que o permitan as autoridades competentes, pero non poderá frear que os fogóns comecen a funcionar”, engadiu este emprendedor, que regresou a Lugo cunha “boa dose de optimismo”, despois dunha “proveitosa aventura laboral en Cuba”.

Coa “esperanza de que a nova normalidade mellore co paso das semanas”, asegura que “ninguén poderá gañar en ilusión a este novo local, que chega a Lugo” en tempos difíciles, pero “para quedar”.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...