InicioSociedadeMáis de 20.000 fotos 'Dende a miña fiestra' para fuxir das malas...

Máis de 20.000 fotos ‘Dende a miña fiestra’ para fuxir das malas novas da pandemia

María José Villarmea, de Foz, creou un grupo de Facebook que seguen máis de 10.000 persoas e que acumula imaxes de puntos tan dispares como Lugo, Dubai, Xapón ou Brasil.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Cando hai case un mes a veterinaria lucense María José Villarmea (Foz) decidiu crear un grupo en Facebook para aliviar o confinamento por mor do coronavirus, non pensaba verse envolta nun lío deste calibre. Pareceulle boa idea convidar aos amigos a amosar as vistas que tiñan desde as súas ventás, como forma de fuxir dalgún xeito da corentena e tamén de escapar das malas novas pola pandemia. Hoxe, ‘Dende a miña fiestra‘ ten 10.003 usuarios (e sumando), que publicaron máis de 20.000 fotografías.

DESDE DUBAI, XAPÓN OU BRASIL

A Villarmea, unha muller tímida, acumúlanselle as entrevistas con motivo do primeiro grupo de Facebook que creou na súa vida. “Non son moito destas cousas, pero unha vez me metín tento ser responsable. Pero moderar (a plataforma) ás veces é complicado”, ri. Hai xente que se dedica a admirar, posto que non publica imaxes, pero outras persoas soben unha instantánea por día. “Andamos por unha media de 600 imaxes ao día“, remarca a organizadora, que salienta tamén “a cantidade de comentarios e interaccións” suscitados.

“A idea é contrarrestar as malas novas pola pandemia. Non podemos saír e o feito de ver en televisión todos os días a cantidade de mortes, a falta de material sanitario e os outros problemas que hai vaite minando”, explica. “Comezou como unha forma de tentar escapar disto”, indica.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...