InicioSociedadeA Xunta retoma as obras no antigo hospital Xeral de Lugo

A Xunta retoma as obras no antigo hospital Xeral de Lugo

Os operarios continúan coa demolición das estruturas interiores do vello Materno-Infantil, onde posteriormente se erixirá o Centro Integral de Saúde.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | A Xunta de Galicia informou de que reiniciou as obras de rehabilitación e reforma do antigo Hospital Materno Infantil de Lugo, dentro do complexo do Xeral —no barrio da Residencia—, para habilitar nese edificio o primeiro Centro Integral de Saúde que funcionará na comunidade autónoma.

As obras retomáronse “unha vez transcorrido o período de suspensión das actividades non esenciais”, segundo explicou o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro.  Os traballos comezaran “apenas un mes antes da suspensión”, polo que “aínda están na primeira fase”, que consiste na “demolición das estruturas interiores” do edificio para a creación de novos espazos, adaptados ás necesidades do Centro Integral de Saúde.

“Desde o pasado martes, os operarios continúan cos labores de derriba de tabiques e retirada de entullos e outro material, aínda que se extremaron as medidas de precaución, como o uso de máscaras e o respecto das distancias de seguridade.

O proxecto conta cun orzamento de 12 millóns de euros e o prazo de execución previsto é de 20 meses.

ÚLTIMAS

Cae unha rede que extorsionaba homes en webs de citas sexuais

A Garda Civil detivo a unha persoa e investiga a outro catro acusadas de...

Perdera o carné por orde xudicial e seguía conducindo

A Policía Local de Lugo denunciou, por un delito contra a seguridade viaria, a...

Detido en Lugo por agredir á súa exparella na entrada dun local nocturno

A Policía Local de Lugo detivo a un home de 42 anos de idade...

O queixo Don Crisanto, de Vilalba, coroado como o mellor de España en 2025

O queixo Don Crisanto, da Denominación de Orixe Protexida (DOP) San Simón da Costa, elaborado pola...