InicioSociedadeA provincia de Lugo alcanza os cen pacientes recuperados de coronavirus

A provincia de Lugo alcanza os cen pacientes recuperados de coronavirus

O total de casos activos mantense estable na área sanitaria, con 591 pacientes infectados pola COVID-19.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A provincia de Lugo presenta este luns unha nova estabilización no número total de casos activos por coronavirus. A Consellería de Sanidade contabiliza 591 pacientes de COVID-19, os mesmos ca os rexistrados na xornada de onte. Mentres, o número de altas continuou subindo (+3) e xa se alcanzaron as cen persoas recuperadas.

Deses 591 doentes, doce permanecen nas UCI (un menos ca onte): catro na UCI do Hospital da Mariña e oito no HULA. Ademais, 39 persoas continúan hospitalizadas (sen variacións dende o domingo) e os 540 pacientes restantes atópanse baixo atención domiciliaria (+1).

Durante a semana pasada, fíxose patente o aplanamento da curva na provincia de Lugo, ao encadear varios días cunha diminución no total de casos. Porén, o director asistencial do Sergas en Lugo, Rafael Monte, xa advertira de que había que seguir alerta ante posibles novos repuntes coma os que se rexistraron o venres e o sábado pasado.

En canto aos falecementos, a provincia rexistrou 20 mortes ata o día de hoxe. As últimas foron a dunha muller de 64 anos no HULA e a dun home de 87 no Hospital Público da Mariña.

GALICIA

No conxunto da comunidade galega, a Consellería de Sanidade informa de 5.939 casos activos, o que supón un incremento de 106 infectados respecto da xornada do pasado domingo. Xa faleceron 366 persoas, 154 deles vinculados a centros residenciais. Mentres, as altas ascenden a 1.186. Podes ler máis información no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Lea pola promoción do Arde Lvcus en Fitur: o Concello de Lugo reprende á Xunta

O Concello de Lugo e o PP protagonizaron nas últimas horas unha lea pola presentación do Arde Lvcus...

A Garda Civil de Lugo identifica a tres autores de estafas a congregacións relixiosas

Unha investigación levada a cabo polo Equipo de Investigación Tecnolóxica da Policía Xudicial da Garda...

Lugo roza este mércores os -10 graos

As temperaturas mínimas rozaron este mércores os 10 graos negativos nas provincias de Lugo...

Un veciño de Zamora participa na ruta de 4×4 de Becerreá con matrículas falsas

A Garda Civil investiga a un veciño de Zamora de 37 anos como suposto autor dun...