InicioSociedadeXa son 19 os mortos na provincia de Lugo tras o falecemento...

Xa son 19 os mortos na provincia de Lugo tras o falecemento dun home no Hospital da Mariña

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un home de 87 anos é a terceira vítima mortal ingresada no Hospital Público da Mariña por mor do coronavirus, segundo informou este domingo a Consellería de Sanidade. Segundo as mesmas fontes, o falecido tiña patoloxías previas. Esta morte incrementa a 19 os falecidos en toda a provincia de Lugo por coronavirus.

As tres persoas falecidas polo momento no hospital mariñao son homes, todos de avanzada idade. O primeiro falecido na bisbarra por mor do coronavirus foi un usuario da residencia ribadense Mirador del Eo, de 83 anos. O pasado venres morreu outro varón, de 90 anos. Nas últimas horas documentáronse ata sete pasamentos en hospitais do Servizo Galego de Saúde (Sergas). Máis información no Xornal da Mariña.

 

ÚLTIMAS

Cae unha rede que extorsionaba homes en webs de citas sexuais

A Garda Civil detivo a unha persoa e investiga a outro catro acusadas de...

Prosegue a procura da anciá de 85 anos desaparecida hai unha semana no barrio de Montirón

A Policía Nacional continúa dirixindo a procura de Isaura, a anciá de 85 anos que non volveu...

O PP de Lugo pide ao Goberno aclarar se abrirá este verán un novo tramo da A-54

Os senadores do PP de Lugo --José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano-- pediron...

Perdera o carné por orde xudicial e seguía conducindo

A Policía Local de Lugo denunciou, por un delito contra a seguridade viaria, a...