InicioDeportesO Club de Loita Lugo recibe 10.000 euros da Xunta para reforzar...

O Club de Loita Lugo recibe 10.000 euros da Xunta para reforzar equipamentos

O delegado territorial, Javier Arias, reuniuse esta tarde con representantes do club e explicou que, con cargo á convocatoria do 2025, a Secretaría Xeral para o Deporte apoiou a 25 agrupacións da provincia de Lugo na adquisición de material para a práctica deportiva

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Xunta achegou 10.000 euros ao Club de Loita Lugo para adquirir unha furgoneta, a través da orde de axudas orientadas a colaborar coas entidades deportivas no reforzo do seu equipamento.

O delegado territorial, Javier Arias, reuniuse esta tarde con representantes do club e explicou que, con cargo á convocatoria do 2025, a Secretaría Xeral para o Deporte apoiou a 25 agrupacións da provincia de Lugo na adquisición de material para a práctica deportiva. As axudas concedidas sumaron un total de 126.800 euros.

O Goberno galego sufraga o 80% do investimento, ata un máximo de 10.000 euros para o equipamento destinado a mobilidade, como son furgonetas, vehículos a motor de transporte de deportistas ou embarcacións; e 5.000 euros para o resto dos elementos.

A través deste programa, a Xunta colabora na modernización e actualización do material empregado polas agrupacións e federacións para levar a cabo as súas especialidades deportivas.

Arias lembrou que esta é unha das liñas de apoio que convoca periodicamente a Administración galega para fomentar a práctica do deporte. No que vai deste ano, xa se publicou a orde de axudas dirixidas a clubs, sociedades anónimas, seccións deportivas e núcleos de adestramento para organizar diferentes actividades, dotada con 2 millóns de euros.

Por outra banda, o equipo feminino do Club Loita Lugo vén de recibir unha achega de 2.000 euros da Fundación The Maturin Family Foundation, destinada a financiar a súa participación nos Campionatos de España. A entrega realizouse ao remate da xornada ‘Women in Sports’ que o colectivo trouxo á cidade o pasado venres, co apoio da Xunta, co obxectivo de visibilizar o papel das mulleres no ámbito deportivo.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo rexeita unha moción do PP para impedir o pagamento da defensa xurídica de Tomé

O pleno da Deputación de Lugo viviu este martes un intenso debate a raíz...

Operación policial en Lugo para desarticular unha rede que explotaba mulleres colombianas, hai un detido

A Policía Nacional, nunha operación desenvolvida conxuntamente con autoridades policiais de Colombia, desarticulou unha...

A Deputación esixe á Xunta a retirada do decreto que pecha os centros de saúde os sábados

  O Pleno da Deputación de Lugo aprobou este martes reclamarlle á Xunta de Galicia...

As seleccións de Galicia e Catalunya celebrarán dous partidos amigables en Lugo esta fin de semana

O salón de plenos do Concello de Lugo acolleu esta mañá a presentación oficial...