InicioPolíticaAmeijide avisa que Renfe elimina a última frecuencia diaria de conexión por...

Ameijide avisa que Renfe elimina a última frecuencia diaria de conexión por tren entre Madrid e Lug

O voceiro do Grupo Provincial Popular, Antonio Ameijide, considera “moi grave” a situación e, máis aínda, “que trataran de mentirnos aos lucenses. Para desmentir a situación tiveron tempo de elaborar unha nota de prensa, pero non para solucionar o suposto erro técnico”

PUBLICADA O

- Advertisement -

O voceiro do Grupo Provincial Popular, Antonio Ameijide, advirte que se confirma que Renfe elimina a última frecuencia do día de conexión por tren entre Madrid e Lugo: “Unha semana despois de que denunciaramos esta situación, a páxina web de Renfe non corrixiu nada. Se fora un erro informático estaría corrixido neste tempo”.

O certo é que, a partir do luns 27 de abril, o último tren entre Madrid e Lugo sae da capital ás 16:05 horas; de forma que calquera viaxeiro que colla o primeiro tren da mañá, que non chega ata Madrid ata despois das dúas do mediodía, e o último do día, non disporá nin de 2 horas para facer xestións na capital”, explica.

O popular considera “moi grave” a situación e, máis aínda, “que trataran de mentirnos aos lucenses. Para desmentir a situación tiveron tempo de elaborar unha nota de prensa, pero non para solucionar o suposto erro técnico”, manifesta. “E agora vemos que a oferta de servizos continúa recortada”, puntualiza.

Ameijide afea que o alcalde, PSOE e BNG dixeran que ían conseguir máis frecuencias de ferrocarril para a provincia; “cando o que conseguiron é que nolas quiten”. E engade que “a realidade é que o Goberno de Sánchez, co apoio do BNG, quere illar á provincia. Lugo é a única provincia sen conexión coa alta velocidade e, aínda por riba, quítanlle frecuencias”. Deste xeito, denuncia que “a nosa provincia vai ser a única que teña unha rede pola que non podan circular trens a alta velocidade e Lugo terá unha nova estación na que non haberá trens”.

Dende o PP de Lugo esiximos a conexión á alta velocidade e máis frecuencias durante o día: un tren madrugador e un servizo a última hora do día, que nos permitan facer xestións durante o día na capital de España e volver a Lugo no día”.

O portavoz provincial avanza, neste sentido, que “preguntaremos á Deputación Provincial, a PSOE e BNG que está facendo o goberno provincial para impedir o illamento total ao que condena Pedro Sánchez á nosa provincia”.

+ posts

ÚLTIMAS

Rueda defende a moción en Lugo entre acusacións de “comprar poder” e “incumprir” os estatutos do PP

A sesión de control do Pazo do Hórreo anticipou este martes o guión que...

Abre a estrada que conecta Vilalba e Chavín pola Balsa despois de arranxar unha ponte

A Deputación vén de reabrir ao tráfico a estrada LU-P-6502, que conecta Vilalba e...

Case 20 actividades no Arde Lvcvs Cvltvral para celebrar o 25 aniversario da festa

O Arde Lvcvs Cvltvral despregará este ano unha programación con preto de 20 actividades...

Lugo estreará “As rúas do vento ceibe”, proxecto musical con máis de 300 voces arredor de poemas de Manuel María

O Auditorio Fuxan Os Ventos de Lugo acollerá o vindeiro 15 de maio o...