InicioPolítica"Canda Elena", a canle con entrevistas en Youtube da 'popular' Elena Candia

“Canda Elena”, a canle con entrevistas en Youtube da ‘popular’ Elena Candia

A dirixente popular exercerá como anfitrioa deste espazo, no que os invitados compartirán, a través de conversacións distendidas, tanto a súa traxectoria profesional como experiencias vitais e reflexións sobre Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

A portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular en Lugo, Elena Candia, puxo en marcha ‘Canda Elena’, un novo formato audiovisual de entrevistas que pretende achegar á cidadanía “unha visión máis íntima e humana de distintos protagonistas da vida lucense”.

O programa, que terá unha periodicidade quincenal, difundirase a través da canle de Youtube da propia Candia e das súas redes sociais. Como explicou ela mesma, a iniciativa nace coa intención de “dar a coñecer as historias persoais que hai detrás de nomes recoñecidos en ámbitos como o social, cultural, deportivo ou empresarial, ofrecendo un enfoque máis próximo e menos institucional”.

 

A dirixente popular exercerá como anfitrioa deste espazo, no que os invitados compartirán, a través de conversacións distendidas, tanto a súa traxectoria profesional como experiencias vitais e reflexións sobre Lugo. “O obxectivo é pór en valor o talento e o esforzo de quen contribúen ao desenvolvemento da cidade desde diferentes sectores”, recalcou.

O primeiro episodio, xa dispoñible, conta coa participación de Paco e Héctor, responsables do Restaurante España, un dos establecementos máis emblemáticos de Lugo. “Fundado en 1907, este negocio familiar representa un exemplo de continuidade, respecto pola tradición e aposta polo produto local, mantendo unha liña de calidade que o converteu nun referente gastronómico”, engadiu.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia e a tránsfuga Reigosa presentan a moción de censura

A moción de censura que arrebatará o goberno de Lugo ao bipartito de PSOE...

Moción de censura: O goberno local aluda á “indignación popular” contra a moción do PP

A presidenta provincial do PP de Lugo e portavoz municipal na cidade, Elena Candia,...

María Reigosa non se presentará á praza de Litoral que vinculan ao seu apoio á moción de censura

A edil exsocialista do Concello de Lugo María Reigosa asegurou que non se presentará...

A Deputación inviste en Meira máis de 200.000€ para as obras en tres estradas

A Deputación vén de iniciar as obras de mellora do firme en tres estradas...