InicioSociedadeO Lapasaga, en Lugo, xa analiza ata 500 mostras ao día para...

O Lapasaga, en Lugo, xa analiza ata 500 mostras ao día para detectar posibles casos de COVID-19

O Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia realiza a fase de extracción das mostras procedentes dos hospitais de Lugo, Ourense e Ferrol.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | O Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia (Lapasaga), con sede na cidade de Lugo, xa está a procesar nestes momentos entre 300 e 500 mostras diarias procedentes dos hospitais de Lugo, Ferrol e Ourense para a detección de posibles casos de coronavirus. 

Segundo informou a Efe o seu director, Manuel López Leizán, o que están a desenvolver é “a fase de extracción”, mediante un “método de extracción de ácidos nucleicos que é compatible co que se utiliza para a detección do coronavirus”. Unha vez feito iso, o laboratorio encárgase de “envialo” aos hospitais para que continúen coa seguinte fase, a de detección.

“Nós temos un sistema adaptado para procesar moitas mostras. O Sergas púxose en contacto connosco porque necesitaban reactivos de extracción nun momento dado e deuse a circunstancia de que nós os tiñamos. Ademais, tamén tiñamos o sistema posto a punto para facelo”, precisou o director do Lapasaga.

PODERÍAN ANALIZAR 1.000 MOSTRAS DIARIAS

Neste momento están a procesarse nestas instalacións entre “300 e 500 mostras” diarias, un número que varía en función da demanda. Con todo, Manuel López precisa que o laboratorio está preparado para procesar “moitas máis” se só realiza a fase de extracción. A cifra total mesmo podería subir das 1.000 mostras diarias, e é que todos os esforzos do Lapasaga poderían centrarse nesta tarefa ao estar o resto das actividades “bastante paradas” por mor da emerxencia sanitaria.

“Poderiamos aumentar as quendas de traballo” se fose necesario, como sucedeu, por exemplo, cando se produciu a crise das vacas tolas. Este laboratorio ocupárase de testar daquela aos animais e os profesionais mesmo chegaron “a traballar en quendas de mañá, tarde e noite”.

ÁS ORDES DO SERGAS

López Leizán precisa que o laboratorio de Lugo tamén podería realizar “o proceso completo” (extracción, detección e amplificación), pero necesita kits científicos. “Xa os temos, pero agora temos que poñelo todo a punto para poder empezar. Farémolo na medida na que nolo soliciten os hospitais e o Servizo Galego de Saúde”, precisou.

O director do Lapasaga  lembrou que, “como laboratorio de sanidade e produción animal”, o Lapasaga está especializado no “diagnóstico veterinario”, polo que noutras autonomías, onde contan con instalacións deste tipo, tamén poderían recorrer aos seus servizos nestes momentos, porque “teñen moita capacidade”.

 

+ posts

ÚLTIMAS

Candia e a tránsfuga Reigosa presentan a moción de censura

A moción de censura que arrebatará o goberno de Lugo ao bipartito de PSOE...

Moción de censura: O goberno local aluda á “indignación popular” contra a moción do PP

A presidenta provincial do PP de Lugo e portavoz municipal na cidade, Elena Candia,...

María Reigosa non se presentará á praza de Litoral que vinculan ao seu apoio á moción de censura

A edil exsocialista do Concello de Lugo María Reigosa asegurou que non se presentará...

A Deputación inviste en Meira máis de 200.000€ para as obras en tres estradas

A Deputación vén de iniciar as obras de mellora do firme en tres estradas...