Home Lugo e contorna Lugo Un taller de costura aberto no mes de febreiro en Lugo doou máis de mil máscaras de protección

Un taller de costura aberto no mes de febreiro en Lugo doou máis de mil máscaras de protección

0
Un taller de costura aberto no mes de febreiro en Lugo doou máis de mil máscaras de protección
Máscaras elaboradas no taller de costura 'Troita de pé' | ALX

EFE.- O taller de costura ‘Troita de Pé’ fixo entrega na Comandancia da Garda Civil de Lugo de 1.100 máscaras de protección confeccionadas polos seus alumnos.

Segundo informou a propia Garda Civil, as máscaras foron elaboradas nos últimos días polos alumnos e profesores da escola, que abriu as súas portas hai un par de meses. “Tocounos vivir un dos momentos máis duros, pero se todos aportamos o noso gran de area sairemos desta”, sosteñen.

Así, puxéronse mans á obra coa colaboración de once costureiras profesionais da comarca de Lugo. A tea para a confección das máscaras foi cedida de maneira solidaria por “mercerías e tendas de teas” de Lugo.

Nas redes sociais de ‘Troita de pé’ ofrécense a seguir cosendo máscaras para servir de axuda durante esta emerxencia sanitaria. “Se alguén sabe dalgún sitio, residencia, asociación, colectivo… que as necesite, que se poña en contacto con nós e estaremos encantados de axudar en todo o posible!”, aseguran.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here