InicioSociedadeFriol cancela a Feira do Queixo e Pan de Ousá por "responsabilidade"...

Friol cancela a Feira do Queixo e Pan de Ousá por “responsabilidade” ante o coronavirus

O alcalde, José Ángel Santos, di sentirse "afectado", pero entende que é o máis lóxico para evitar posibles contaxios que poderían darse nun evento que esperaba reunir unhas 20.000 persoas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Friol informou de que suspende a XXVIII Feira do Queixo e do Pan de Ousá ante a evolución da crise do coronavirus. Esta decisión foi tomada tras manter unha reunión con responsables de sanidade para actuar en aras da “responsabilidade” para previr posibles contaxios.

O goberno local estimaba que o evento reuniría máis de vinte mil persoas o vindeiro 22 de marzo en Friol, polo que “non sería prudente nin responsable permitir a súa celebración”, tal como explicaban nun comunicado dende o Concello.

O propio rexedor municipal, José Ángel Santos, recoñeceu sentirse “tremendamente afectado” polo cambio de plans, pero asegurou que “non se perdoaría” a si mesmo que ao día seguinte da Feira algunha das persoas dese positivo no virus. Por iso, apela a seguir as recomendacións sanitarias e a actuar con sentido común.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...