InicioSociedadeO director asistencial do Sergas en Lugo: "Estamos aplanando a curva, pero...

O director asistencial do Sergas en Lugo: “Estamos aplanando a curva, pero hai que estar alerta”

Rafael Monte considera que a situación da provincia é "moderadamente optimista", pero advirte que as Unidades de Coidados Intensivos están preparadas por se hai novos repuntes.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O avance do coronavirus en Lugo comeza a estabilizarse a tenor dos datos dos últimos días, nos que o número de infectados medrou aos poucos. Na xornada do domingo incluso se rexistrou unha baixada de casos activos por primeira vez. O director asistencial da área sanitaria de Lugo, Rafael Monte, considera que a situación “comeza a ser moderadamente optimista”, aínda que “hai que estar alerta”.

Monte destacou en declaracións a Europa Press a “estabilización do número de ingresos e o de positivos”, e mesmo considerou que o territorio está “ante un aplanamento da curva, polo menos na provincia de Lugo”.

O director asistencial do Sergas en Lugo insistiu en que a “tendencia do coronavirus é a estabilización”. Nese sentido, a provincia de Lugo non ten saturadas as unidades de coidados intensivos (UCI), aínda que si están preparados “por se hai un novo repunte da enfermidade e os pacientes necesitan ser ingresados nas UCIs”.

ÚLTIMAS

Altri en Palas de Rei: Pas Viva opónselle por riscos ambientais e sociais

As colectivo Pas Viva da Plataforma Ulloa Viva celebrou un acto para mostrar o...

Excarcerados pai e fillo en Palas de Rei tras envorcar o vehículo no que viaxaban

Un pai e o seu fillo, menor de idade, foron excarcerados en Palas de...

Detido un refuxiado en Becerreá por presuntas agresións sexuais a dúas traballadoras dunha ONG

A Garda Civil detivo a un home, unha das persoas migrantes que acolle a localidade...

“Vas morrer hoxe”: xulgado por ameazar e agredir ao seu xefe

Un home acusado de varios delitos por atacar ao seu empregador cun coitelo e...