InicioSociedadeO Concello da Fonsagrada autoriza o Rato Pérez a visitar as casas...

O Concello da Fonsagrada autoriza o Rato Pérez a visitar as casas dos nenos durante o confinamento

Nun bando municipal, o goberno local lémbralle unha condición: deberá usar máscaras e luvas, ademais de lavar as mans con frecuencia para evitar contaxios.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello da Fonsagrada emitiu un bando polo cal autoriza ao Rato Pérez a visitar as casas dos nenos e nenas do municipio durante o período de confinamento. Iso si, terá que seguir as recomendacións sanitarias para evitar contaxios.

Nunha orde emitida o 31 de marzo, o goberno local informa de que o Rato Pérez estará libre das restricións que impiden saír do fogar. Este personaxe poderá continuar co seu labor polas casas da Fonsagrada nas que haxa nenos aos que lles caera un dente. Deberá facelo polas noites e cumprir co uso de máscara e luvas para evitar contaxios. Ademais, será indispensable que lave as mans con moita frecuencia.

O alcalde fonsagradino, Carlos López, explica que esta é unha medida que tamén tomaron outros concellos españois para evitar que a pandemia de coronavirus sexa “aínda máis dura” para os pequechos.

De feito, o goberno local aproveitou para felicitar os nenos do municipio polo seu “exemplar” comportamento durante estas dúas semanas e media de confinamento nos seus fogares. Ademais, pídelles que lles “insistan” aos seus pais, nais, avós e avoas en que deben continuar en casa “para que na Fonsagrada ninguén se poña maliño”.

+ posts

ÚLTIMAS

Arroxo amosa preocupación polo futuro dos proxectos de Lugo ante a moción de censura

O tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo (BNG), expresou a súa preocupación polo...

En liberdade o mozo detido por suposta agresión sexual en Lugo con orde de afastamento

O mozo detido en Lugo por unha suposta agresión sexual ocorrida a pasada fin...

Investigado por insultar e ameazar en redes sociais a un xogador do Club Deportivo Lugo

A Policía Nacional identificou a un home, veciño da provincia de Lugo, como presunto...

O FIV de Vilalba pecha a XIX Edición con 7.000 asistentes e un millón de euros en recadación

O FIV de Vilalba pechou a súa décimo novena edición cun balance moi positivo,...