InicioSociedadeA solidariedade en tempos de crise: colexios de Lugo doan material de...

A solidariedade en tempos de crise: colexios de Lugo doan material de limpeza aos hospitais

A iniciativa partiu do persoal docente dos centros educativos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

As redes sociais énchense estes días de iniciativas solidarias para facilitar a corentena ou para axudar aos profesionais sanitarios. O pasado venres comezou a rular por Internet a petición dunha docente para doar material de limpeza aos hospitais, sobre todo luvas de goma, puchos de cociña, batas e mesmo material desinfectante. O obxectivo é cubrir a demanda de equipos de seguridade (EPIs) e evitar os contaxios por coronavirus.

Antes dese chamamento público, “centros das provincias da Coruña e Lugo comezaran a doazón pola súa conta“, precisa Xesús Bermello, de CIG-Ensino. O sindicato considera que este tipo de ideas “terían que partir da mesma Consellería de Educación” e non do persoal docente.

Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

O PP de Lugo reunirase cos 67 concellos da provincia para abordar as necesidades de cada municipio

Os deputados do Grupo Parlamentario Popular explicaron este luns nunha nota de prensa que...

Ferido un traballador ao caerlle unha árbore enriba das pernas na Fonsagrada

Un traballador tivo que ser evacuado a un centro hospitalario ao resultar ferido despois...

Javier Ferreiro, polbeiro: “Trouxemos 20 toneladas de polbo para o San Froilán, case nada que picar”

Do 5 ao 12 de setembro Lugo convértese no lugar de Galicia idóneo para comer, compartir...

José Castro da Sociedade Micolóxica Lucus: “Hai unha obsesión desmedida por comer cogomelos”

Chega o outono, as árbores cambian de cor, volve a choiva, pero aínda sen...