InicioSociedadeOs partidos do CD Lugo contra o Racing e o Zaragoza xogaranse...

Os partidos do CD Lugo contra o Racing e o Zaragoza xogaranse a porta pechada

LaLiga tomou esta medida ante a ameaza de contaxio por coronavirus en grandes aglomeracións de persoas. O CD Lugo devolverá o diñeiro a aquelas persoas que xa mercaran as entradas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os partidos das dúas próximas xornadas de LaLiga Santander e LaLiga Smartbank teranse que xogar a porta pechada para previr contaxios por coronavirus. Así, esta medida afecta aos encontros do CD Lugo contra o Racing de Santander —este venres 13 en Oviedo— e contra o Real Zaragoza —o vindeiro domingo 22 no Anxo Carro—.

Así o informou LaLiga nun comunicado, no que non descarta que a situación se poida prolongar. Mesmo barallan a posibilidade de que as autoridades sanitarias ordenen a suspensión da competición, polo que LaLiga traballa nun “plan alternativo”.

Por este motivo, o Club Deportivo Lugo informou de que se anula a viaxe dos afeccionados a Santander nun autobús que tiña previsto fletar. Ademais, devolverase o diñeiro a todas aquelas persoas que xa adquiriran as súas entradas.

+ posts

ÚLTIMAS

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

Lugo reactiva tras case cinco anos a Mesa Local de Comercio para impulsar novas medidas de apoio ao sector

O Concello de Lugo reactivou este martes a Mesa Local de Comercio despois de...