InicioSociedadeEsta é a historia das mulleres que pasan unha vida coidando dun...

Esta é a historia das mulleres que pasan unha vida coidando dun familiar

María, Maricarmen, Charo e Yolanda son mulleres que levan case toda a súa vida coidando de alguén. Toman aquí a palabra para se reivindicar: "Levas o traballo, levas a familia e levas a vida". Este 8M hai que saír á rúa por todas ela

PUBLICADA O

Os coidados seguen sendo maioritariamente cousa das mulleres. Son elas quen levan a conta das súas pastillas, quen organizan o xantar de mañá, quen saben o que falta na neveira, quen atenden o familiar enfermo, quen colgan a roupa, quen a dobran, quen a planchan, quen, quen, quen… Un traballo sen descanso e sen fin que esta sociedade pousou intencionadamente sobre os ombros das mulleres e que ás veces “pesa coma unha lousa”. Un traballo que terma das vidas cotiás e que hoxe continúa invisible, non remunerado ou, no caso, con salarios precarios, e nada valorado socialmente. Os coidados son a causa principal pola que as mulleres se ven obrigadas a reducir as horas do seu traballo ou, directamente, abandonalo. Os recentes estudos poñen números a esta realidade desigual: o 97% das persoas que traballan a tempo parcial debido á necesidade de coidar dos seus familiares son mulleres, que renuncian á vida profesional por ter que atender a vida familiar. Fronte a un 14,4% de homes, o 85,6% restante son mulleres inactivas pola mesma razón. E os datos seguen igual de radicais no que se refire ás excedencias laborais: o 92% delas son solicitadas por mulleres para, de novo, coidar de menores. Toda a reportaxe no Galicia Confidencial.
+ posts

ÚLTIMAS

Os bombeiros intentan sufocar un incendio en Xermade

Equipos de bombeiros atópanse actualmente traballando na extinción dun lume declarado na parroquia de...

Xunta e Deputación de Lugo avanzan no consenso sobre o anteproxecto da Lei de Administración Local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de...

Senadores do PP de Lugo sinalan que o Goberno non acometerá a rehabilitación da N-120

Senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno central recoñece nunha resposta...